Un censo das pezas galegas de arte espoliadas

A Real Academia Galega de Belas Artes realizará un estudo para coñecer o estado “real” do patrimonio galego fóra do país, informe que cederá ás Administracións para que estas decidan sobre unha posíbel reclamación.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 19/12/2017 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Belas Artes elaborará un estudo nos vindeiros meses para coñecer o estado "real" do patrimonio galego que está fóra do país e distinguir entre aquelas pezas saqueadas das que saíron de xeito procedente. Así o anunciou o presidente da devandita institución, Manuel Quintana, que vinculou esta iniciativa coa "preocupación" dentro da Academia polas informacións recentes sobre o patrimonio galego que tería sido expoliado, como as pezas do Mestre Mateo que retén a familia Franco ou as esculturas do mosteiro de Carboeiro que se exhiben no Museu Frederic Marés de Barcelona.

Quintana sinalou a necesidade de "distinguir" entre aquelas obras que deixaron Galicia "de xeito procedente" daquelas outras que se perderon porque as Administracións públicas ou as entidades relixiosas "non tiveron a ben preservalas adecuadamente", un tema que se tratou na última sesión plenaria desta institución.

Con este obxectivo, a Academia de Belas Artes elaborará un informe que permita "ter un coñecemento máis claro" da situación na que se atopa este patrimonio, coa contribución de expertos, historiadores, arqueólogos, museólogos e estudosos da cultura.

As conclusións e resultados serán transferidos á Administración pública, xa que a Real Academia Galega de Belas Artes é un "órgano consultivo" da Xunta en materia de patrimonio, polo que teñen "responsabilidade a este respecto".

Trala elaboración do informe, serían as propias Administracións as que deberán tomar a decisión sobre posíbeis reclamacións das pezas, tendo en conta os escasos recursos e a pouca marxe de actuación coa que conta a Academia, que supón "un problema" para a institución.

Estatuas de Abraham e Isaac, do Mestre Mateo, en poder dos Franco.
Estatuas de Abraham e Isaac, do Mestre Mateo, en poder dos Franco. | Fonte: GConfidencial

"Non temos recursos nin para poder dixitalizar todo o material e os arquivos da propia Academia", laiase Manuel Quintana, quen lembrou que os membros do plenario non cobran “ningún soldo" nin perciben "unha retribución específica" polo seu traballo na institución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Finezza

Só nos importan as que ten Puchedemón. Recollo a maioría das voces escoitadas. Non acompaño dos adxectivos... Grazas Beiras, Martiño e Antón por case acabar coa única forza de esquerdas nacionalista que tiñamos con algo de forza e agora ser uns aliados (ou quizais sería mellor empregar a palabra vasalos) do ninismo rama centro esquerda... A historia non vos absolverá. Que o saibades. Dende a historia do nacemento do galeguismo nunca tanto mal se lle fixo a este dende a desfeita do PG... E algún día saberase por que, quen e como? Aínda que hai certas semellanzas... Queriades ser modelnos e acabastes repetindo a estratexia de Piñeiro e os seus. E ben certo a afirmación de Marx de que a historia se repite, pero o voso non chegou a farsa, quedou en saineta o Xan das Bólas.

1 Antónimo

Finezza, cando de xeito continuado entras en conversas con temas que non veñen a conto, que son a túa obsesión permanente, con fixación en determinadas persoas... sospeita que podes estar doente, cun problema non físico senón mental serio. Pois se che pagan por comentar, os pagadores deberían saber que se nota demasiado e pode estar facendo o efecto contrario ao pretendido (xa non serve, nin mudando de nick).

2 Roberto García

Sospeito que a Kollona é da casa, igual que os fascistas Nostrus, Nexus, Farto... Un xeito de animar o debate moi do estilo de Galicia Confidente. A saber, hai quen dixo por aquí que o Xurxo é fillo do corpo benemérito... que cada quen tire as súas conclusións.

3 Finezza

Os que tedes fixación sodes vós e certa incapacidade de comprender a ironía... E non, non son da casa. Sei que vos soprende pero aínda hai xente que usamos as neuronas e temos sentido do humor en Galicia. Compréndoo... Coma queres que non faga referencia a declaracións coma esta: http://www.huffingtonpost.es/2017/1... Coma queres que non pregunte: por que desfixestes o bloque, para que e a favor de quen? Se tes argumentos, contesta, se só sabes descualificar porque careces deles e tes a desvergonza de encima presumir disto... Arriscaraste a que che faga máis preguntas... E creme, non andades moi finos ultimamente vós: nin en preguntar nin en responder. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

4 Finezza

En calquera caso, agradeceríache moito que tiveses un mínimo de respecto polas persoas que padecen enfermidades mentais e non banalices o seu sufrimento con comentarios coma ese. Aínda que sei que é moito pedir tamén para ti e o outro (no caso de non ser o mesmo).