Seis anos de cárcere para un home que agrediu a un veciño en Vigo e que deberá indemnizar con 22.000 euros á súa familia

Tres anos de prisión, por un delito de lesións con deformidade, para o vigués que arrincou a outro o lóbulo dunha orella dunha dentada

Santiago de Compostela | 22/12/2017 | Actualizada ás 19:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Número 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra fixo pública unha sentenza na que condena a un home como autor dun delito de lesións, coa atenuante de dilacións indebidas, á pena de 6 anos de prisión, por agredir a un veciño en Vigo durante unha discusión.

O fallo xudicial suma á pena de prisión a inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo polo tempo da condena e a obrigación de indemnizar á esposa e fillos da vítima, que faleceu. A resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Os feitos probados certifican que, sobre as 16,05 horas do 2 de agosto de 2013, na escaleira dun edificio en Vigo, Manuel Montoya tivo unha discusión cun veciño, no curso da que, con ánimo de menoscabar a súa integridade física, propinoulle "un forte lapote" no ollo esquerdo "derrubándoo ao chan".

Como consecuencia do impacto, sufriu un corte profundo no glóbulo ocular esquerdo requirindo tratamento cirúrxico e que lle produciu secuelas na visión, xa que "o resultado final" foi a perda total de visión no dito ollo esquerdo.

Por tal motivo, foi condenado como responsable dun delito de lesións.

TRES ANOS DE PRISIÓN

A Sección Número 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra tamén fixo pública outra sentenza na que condena a tres anos de cárcere a un vigués como autor dun delito de lesións con deformidade por arrincar a outro o lóbulo dunha orella dunha dentada.

Á marxe da pena de cárcere e a inhabilitación especial do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, José Manuel Martínez tamén deberá indemnizar á vítima con 15.025 euros. Contra o fallo xudicial, cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos probados remóntanse ao 6 de agosto de 2016 e tiveron lugar nunha zona de terrazas de lecer, sobre as 18,20 horas.

O agora condenado acompañaba a unha moza, que mantivo unha discusión coa vítima, J.R.P. Foi entón cando este se abalanzou sobre el, encerellándose e caendo ambos os ao chan.

No transcurso da pelexa, José Manuel Martínez mordeu á vítima arrincándolle o lóbulo da orella dereita.

PELEXA EN BAIONA

Unha terceira sentenza da Sección Número 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra condena a un home que propinou a outro unha puñada na cara no peirao de embarcacións deportivas de Baiona (Pontevedra), causándolle como consecuencia diversas contusións na cara.

A condena, por un delito de lesións, concorrendo as atenuantes de reparación do dano e dilacións indebidas, consiste nunha pena de multa de 23 días cunha cota diaria de seis euros (138 euros en total).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta