Temas: EUCALIPTO

Buscan miles de firmas para erradicar o eucalipto en Galicia e apoiar o bosque autóctono

Unha ILP tenta que se aprobe unha moratoria para as novas plantacións de eucalipto e que se elimine dos espazos protexidos, Rede Natura e das terras de alto valor ecolóxico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un de cada 5 metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto. Esta especie pirófita espallouse até atinxir máis de medio millón de hectáreas –o 17% do territorio galego-. Pero non o fixo soa. "A colonización dos nosos montes viu auspiciada por unhas políticas planificadas e perversas de abandono do medio rural e das terras agrarias para a súa posterior eucaliptización, até o de agora para abastecer a ENCE mais, a partir de agora, tamén para alimentar as plantas de biomasa". É a denuncia que fan distintas entidades ecoloxistas.

Por iso, e coa intención de erradicar esta especie, puxeron en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”. Esta campaña, que se estenderá ata o mes de marzo, ten como obxectivo conseguir que chegue ao Parlamento co maior respaldo social acadado nunca por unha Iniciativa semellante, "dada a preocupación que a cuestión forestal suscita na sociedade galega".

Representantes de ADEGA, Fins Eirexas; FRUGA, Manoel Dacal e da CIG, Susana Méndez, en nome de 60 asociacións, presentaron a pasada semana “Cousa de Raíces”, a entidade impulsora da ILP que "pretende virar 180º as políticas de xestión dos nosos montes e do noso medio rural".

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

EUCALIPTO E LUME

"Estamos diante dunha situación que cómpre reverter porque as cifras oficiais amosan que a frecuencia coa que ocorren lumes nun eucaliptal é 3,55 veces superior aos lumes en masas de bosque autóctono. E mesmo supera a frecuencia de lumes en piñeirais, nun factor de 1,14", denunciaron. Así, suliñaron que os datos oficiais tamén amosan, no recente inquérito de estruturas de explotacións agrarias, que entre 2013 e 2016 desapareceron arredor de 3.400 explotacións e que se perderon, en superficie agraria útil, 34.000 hectáreas.

Deste xeito, unha das principais finalidades da ILP é conseguir que, ao igual que xa fixo Portugal, se decrete unha moratoria para as novas plantacións de eucalipto e que se elimine dos espazos protexidos, Rede Natura e das terras de alto valor ecolóxico. Con todo, a ILP vai máis alá do Plan Forestal, que atinxe só á xestión dos montes, porque pretende unha nova xestión do medio rural no seu conxunto. Entre outras, a protección da biodiversidade de hábitats e especies; medidas para garantir a multifuncionalidade de usos; o fomento do arborado autóctono e mesmo que se elabore un catálogo de frondosas, pendente desde 1992, porque, "sen isto, non se pode planificar".

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 pepe da berza

jajjaja as leiras non dan un peso.

5 eusi

Xa estou farto de que a sociedade ao completo teñamos que pagar os multimillonarios custos do operativo antiincendios para que uns poucos e sobre todo Ence-Elnosa tire os proveitos sen devolver nada á sociedade. Que paguen eles todo o operativo ou que creen as suas brigadas para apagaren os incendios nas suas leiras. Eu se quero que veñan os bombeiros apagar o lume na miña casa, o Concello pasarame a factura, embora a estes 4 lambóns que se fan ricos ninguén lle cobra o custo que temos que pagar todos cos nosos impostos.

4 Dolores Fabián Llavona

Nadie tiene derecho a plantar en su propiedad lo que le dé´la gana,la libertad termina donde empieza la libertad de los demás , yo no quiero ocalitos y el que quiera lucrarse con ellos que los plante en su jardín delante de la ventana de su casa. Soy Asturiana y espero que nos sirva de ejemplo lo que está ocurriendo en Galicia y occidene de Asturias, hay una zona libre de ellos en centro oriente y trabajo cuesta luchar contra todos. Debería estar penado con carcel, la multa no vale ,la pagan y tan tranquilos

3 Lalo

Onde hai que firmar?

1 Luis Sánchez leira

Quero unha Galiza de bosques autóctonos; non somos Australia.

2 ai claro

Pois merca leiras e planta carballos,... se queres os dos demais, ainda que sexa para mirar paga... que a terra nin foi gratis nin sae gratis mantela, os que vivimos do monte temos o mesmo dereito a sacarlle proveito que ti ao teu piso alugado.

3 eusi

@aiclaro: pois os bombeiros e todo o sistema multimillonario antiincendios pagadeos vós q pa iso lle tirades o proveito, e non teremos q pagalos todo o mundo cos nosos impostos.

2 Alén

Ríome eu das ILP. Se non sae ningunha adiante, coitados.