Ferida unha muller nun accidente de tráfico en Vigo

Unha muller resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico en Vigo, ao envorcar o turismo no que viaxaba.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2018 | Actualizada ás 19:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico en Vigo, ao envorcar o turismo no que viaxaba.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Porriño, ao quedar atrapada no interior do coche. Unha vez liberada, foi trasladada a un centro hospitalario por persoal sanitario.

O accidente tivo lugar sobre as 15,15 horas deste luns na A-55, á altura da saída 7A, en sentido O Porriño.

Até a zona foron mobilizados os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Mos e de Vigo, así como persoal sanitario do 061.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta