Campaña para desterrar os eucaliptos e recuperar o bosque autóctono no monte Froxán, distinguido pola ONU

A Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins de Lousame, a Asociación Ecoloxista Verdegaia e a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán buscan restaurar 10 hectáreas invadidas por eucalipto e outras especies, que serán substituídas por frondosas autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2018 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Unha campaña para desterrar definitivamente o eucalipto e outras especies invasoras do monte Froxán, no concello coruñés de Lousame. Esta é a iniciativa posta en marcha na plataforma en liña kukumiku.com, onde se buscan achegas para plantar 10.000 árbores autóctonas, previr incendios e recuperar a biodiversidade.

Bosque autóctono de Galicia.
Bosque autóctono de Galicia.

En 2017 o Programa das Nacións Unidas do Ambiente recoñeceu o monte de Froxán incluíndoo no Rexistro de Áreas Conservadas por Comunidades Locais e Pobos Indíxenas (ICCA), sendo o primeiro da Península Ibérica e terceiro da Europa ao que se lle atribúe este estatuto singular. Detrás deste recoñecemento estivo o empeño colectivo da comunidade veciñal de restaurar as zonas degradadas por sucesivos incendios (o máis recente en 2016) hoxe dominadas por eucalipto.

Os esforzos enfocáronse en reintroducir e consolidar frondosas autóctonas que protexan o bosque nativo e as súas funcións ecosistémicas (aire e auga limpos, captura de carbono, paisaxe, prevención de incendios, etc.) para as próximas xeracións e toda a sociedade. Agora búscase completar esta tarefa amadriñando un anaquiño de bosque.

Con esta campaña financiarase a restauración de 10 hectáreas de monte en Froxán, actualmente "degradadas pola presenza de eucalipto e outras especies invasoras pirófitas" que serán substituídas por frondosas autóctonas como o carballo, o cerquiño, a sobreira, o acivro, o amieiro, o bidueiro, o freixo, etc.

As plantacións serán realizadas por persoas voluntarias en accións ambientais e educativas que se levarán a cabo en 2018 e 2019. Boa parte destas accións enmárcanse no programa Montescola, que busca familiarizar as novas xeracións coa importancia da conservación da biodiversidade. A restauración implica, ademais, traballos de roza previos e labores de mantemento durante varios anos ata lograr consolidar o novo bosque e evitar os rebrotes de eucalipto.

Traballos de recuperación de bosque autóctono.
Traballos de recuperación de bosque autóctono.

AMADRIÑAR UN BOSQUE

Os impulsores desta iniciativa usan unidades tradicionais de superficie como as cuncas, ferrados e fanegas, cuxa equivalencia en metros cadrados varía de comarca a comarca. En Froxán, un ferrado equivale a 420 metros cadrados.

A idea é que os que fagan achegas estarán amadriñando un anaquiño de bosque, desde unha única árbore ata unha fanega completa. A contribución sufragará a adquisición da planta forestal e os traballos de roza e mantemento durante a próxima década para crear un gran bosque que axude a previr incendios e preste importantes servizos ecosistémicos ao conxunto da sociedade.

Quen amadriñe saberá onde está o seu cachiño de bosque a través dun mapa online que se actualizará segundo avance o proxecto. Así, cando se queira visitar a árbore, cunca, ferrado ou fanega amadriñados, poderán ser localizalos facilmente e tamén seguir desde a casa ao longo dos anos a súa evolución e consolidación mediante as actualizacións da fotografía satélite.

As plantacións de novas árbores serán realizadas a un marco aproximado de 3 x 2,5 metros, aínda que este poderá variar puntualmente en función da orografía, presenza previa de árbores autóctonas ou requirimentos dalgunhas especies.

Amadriñando unha cunca de monte faise posíbel que se plante e coiden cinco novas árbores; amadriñando tres cuncas, 14 árbores; en medio ferrado plantaranse 28 novas árbores autóctonas; un ferrado acollerá 56 árbores; media fanega 140; e nunha fanega collerán 280 árbores.

A táboa seguinte detalla as distintas modalidades de amadriñamento (seguindo as medidas de superficie tradicionais), a superficie equivalente en metros cadrados, o número aproximado de árbores que collen en cada un dos espazos amadriñados e a contribución que se piden para cada unha delas:

Modalidade m2 Árbores Contribución
1 pé 1 5€
1 cunca 35 5 20€
3 cuncas 105 14 50€
½ ferrado 210 28 100€
1 ferrado 420 56 200€
½ fanega 1050 140 500€
1 fanega 2100 280 1000€

OBXECTIVOS

Este proxecto participativo ten como obxectivo a restauración de ata 10 hectáreas de monte en Froxán, nas que se poderán plantar máis de 13.000 árbores autóctonas. A intervención mínima inicial que se propuxeron é de 1 hectárea, na que se plantarán 1.300 árbores e para a que se necesitan reunir 5.000 euros.

Para o proxecto completo necesitaremos 50.000 euros, mais o cal se irán realizando intervencións de forma gradual segundo se alcancen os fondos necesarios para levalas a cabo. 

Os conribuidores pasarán a formar parte da “Comunidade de Conservación de Froxán”, a través da que se manterá a todo o mundo informado sobre a evolución do bosque e de todas as actividades e proxectos que se realicen por volta del, incluídas as “rogas” (traballos colectivos de mellora ambiental) que se programen.

Como símbolo desa pertenza entregarán a cada contribuidor, na súa primeira visita, unha insignia da Comunidade de Conservación co seu lema “Levo no coração uma árvore”. Ademais, colocarase unha pedra rotulada co nome da persoa ou de quen esta queira: persoa, entidade, mascota..., ao pé dunha das árbores do espazo amadrñnado.

A iniciativa está impulsada pola Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins de Lousame, xunto coa Asociación Ecoloxista Verdegaia e a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Sérgio

Muitos parabéns pela iniciativa! Acabo de doar, espero que seja um sucesso! Muitas mais como estas são precisas! E ao contrário do que muitos pensam, cada vez há mais comunidades vizinhais a desfazerem-se dos aucalitos e a apostarem por árvores autóctones! Muitos parabéns!

3 Paraxaarcolitro

A: en fin e ai si oh. de cantos ferrados de arcolitros estades a cultivar?

2 En fin

“Levo no coração uma árvore”, con ler isto xa se sabe o que hai detrás... Ciudadanitos ecolos de paseo por laldea.

2 Fumedecarozo

Adoutrinamento infantil.... penoso. A conta das árboles crían independentistas, que vergoña de xente.

3 Ocalitro

Apliquen o 155 de imediato por favor! E que o ministerio de agricultura volte a por ocalitros nesas carballeiras galaico-portuguesas con quercus robur e quercus pyrenaica. Non se pode permitir!

4 jos

Todo o que não seja amar o sacro-pequeno-império de Bubónia é adoutrinamento para algúns XD. Contudo, a realidade é outra: a conta dos independentistas criaram árvores. E também dos não independentistas, que a Frojám foi plantar um monte de gente e a ningúme se lhe pergunta pelo seu credo ideológico.

1 Ai si oh

Pareceme ben a inciativa. Supoño que antes de realizar a plantación farían un estudo de si as especies que pretenden plantar van ir arriba nese terreo, xa que é propio destes ecolociudadanitos pensar que todo medra en todas partes. Por outra parte o que redacta as noticias debería facelo cun mínimo de rigurosidade xa que dicir "actualmente degradadas pola presenza de eucalipto e outras especies invasoras pirófitas " é unha mentira politizada. Un monte pode degradarse por moitas cousas pero non pola presenza de especies arbóreas sexan as que sexan. Poden gustarche máis ou menos pero dicir iso é como se eu digo que as frondosas acidifican o solo degradándoo. Un mínimo de por favor.

1 Tomas

Por presencia de mimosas se non é degradar parecer parecese moito, é unha opción política recuperar o bosque autóctono ? De que sería de Esquerda dereita, eu chamolle supervivencia do ser humano

2 anonimo

Non me digas máis; te-la celulosa dándoche por detrás, non si?rfGC