Temas: DIANA QUER

O pai do asasino confeso de Diana Quer: "É mentira, non ten collóns nin para matar unha galiña"

Defende a inocencia do seu fillo neste caso e nega mesmo que traficase con droga.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/01/2018 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O pai de José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'O Chicle' e autor confeso da morte de Diana Quer, defendeu a inocencia do seu fillo, asegurando que "é mentira" e que "non ten collóns nin para matar unha galiña ou un rato".

O Chicle á súa saída da nave de Rianxo
O Chicle á súa saída da nave de Rianxo

Así o sostivo o pai en declaracións a Antena 3, nas que negou que o seu fillo puidese perpetrar un crime e mesmo que traficase con droga.

"Iso é mentira, non mata unha galiña nin un rato. Non ten collóns", espetou nerviosamente ao reporteiro que lle tentaba entrevistar ás portas do seu domicilio. "A Garda Civil equivócase con el, as cousas están a facerse mal", apostilou.

Estas declaracións contrastan coas da nai do 'Chicle', que non dubidou en cualificar o seu fillo como "un monstro e un asasino" e en pedir perdón á familia de Diana Quer polo dano causado.

Mentres tanto, a causa xudicial que investiga a morte de Diana Quer reabriuse este martes e, de feito, a nai da falecida xa anunciou que se presentará na mesma.

Pola súa banda, 'O Chicle', após confesar que acabou coa vida da moza madrileña, atópase na prisión de Teixeiro (A Coruña) no módulo de ingresos e nunha cela só. Alí está desde este luns e despois de que a xuíza do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira decretase prisión provisional incomunicada e sen fianza para el.

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta