Temas: DIANA QUER

O avogado do 'Chicle' di que a familia cre "na súa inocencia" e que a morte de Diana Quer foi "un accidente"

O Xulgado número 3 de Ribeira, que lle tomou declaración, podería inhibirse en favor do que leva o caso da moza

Por E.P. | A CORUÑA | 02/01/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O avogado de José Enrique Abuín Gey, José Ramón Sierra, manifestou que a familia cre "na súa inocencia" e que a morte de Diana Quer foi "un accidente". Mentres, cualificou de "falso" que o seu cliente recoñecese a axentes da Garda Civil que a estrangulase.

Os bombeiros de Boiro, diante da fábrica en Rianxo onde apareceu o corpo de Diana Quer.
Os bombeiros de Boiro, diante da fábrica en Rianxo onde apareceu o corpo de Diana Quer. | Fonte: @BomberosBoiro

En declaracións a Europa Press, manifestou tamén que, de forma extraoficial, tivo coñecemento de que o Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira (A Coruña), ante o que o coñecido como 'O Chicle' prestou declaración, podería inhibirse en favor do número 1, que este martes reabriu a causa xudicial en relación á desaparición da moza madrileña.

Fíxoo despois de que o seu cadáver fose achado a madrugada do pasado 31 de decembro nunha nave industrial xa sen uso en Asados, unha parroquia do municipio coruñés de Rianxo. A este lugar, Abuín Gey levou aos axentes após confesar ser o autor da morte da moza de maneira "accidental" e nun "atropelo", segundo o seu relato.

Agora, a maxistrada do xulgado número 3 de Ribeira, que foi a encargada este luns de decretar prisión provisional incomunicada e sen fianza para José Enrique Abuín Gey, "sospeitoso de acabar coa vida de Diana Quer" e de tentar raptar a outra moza o luns da semana pasada en Boiro, podería inhibirse en favor do número 1 en ambos os casos, algo que está sen confirmar oficialmente, recoñeceu o letrado.

SITUACIÓN NO CÁRCERE

Por outra banda, en canto á situación do seu cliente, nun módulo de ingresos na prisión de Teixeiro, indicou que está "ben" e que espera poder falar con el este mércores. No cárcere, e ao decretarse prisión incomunicada, 'O Chicle' non pode recibir a ninguén, excepto ao seu avogado, nin tampouco chamar.

O letrado, após asegurar nas últimas horas que o seu cliente se atopa "afectado psicoloxicamente pola súa situación procesual", reiterou que pedirá unha proba pericial psiquiátrica sobre o estado mental deste.

Del, volveu negar que recoñecese ante axentes da Garda Civil que estrangulase a Diana Quer ou que cometese unha agresión sexual. "É falso", subliñou o letrado.

Mentres, após reunirse coa familia, en concreto co seu pai, dixo que esta cre na súa "inocencia". "Cren que foi un accidente", engadiu sobre a morte de Diana Quer. Preguntado sobre se definiron xa a estratexia que seguirán, confirmou que están á espera do resultado da autopsia do corpo da nova. "Será a que marque a liña a seguir", ratificou.

Tamén avanzou que, unha vez que o seu cliente abandone o módulo de ingresos, pasaría a outro de preventivos "onde estaría acompañado por un preso de especial seguimento", apuntou sobre o procedemento nestes casos.

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 doutor guilloten

Agora o asesinato alevoso e -violador chamanlle "accidente" ten -collons o asunto, soamente falta algúns -anormais apoiando o -criminal o mellor estaba facendo uns -ovos campaneiros o caron do pozo da morte, apliquen a máxima pena que no fondo e a minima establecida no código penal da constitución burguesa do 6 de decembro