A reserva hidráulica sobe na última semana en Galicia ao 50% e xa supera o nivel de auga embalsada do ano pasado

A reserva hidráulica subiu na última semana até supor o 49,9% da súa capacidade, con 1.803 hectómetros cúbicos embalsados, de forma que xa supera a cantidade de 1.758 que había nestas datas o ano pasado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2018 | Actualizada ás 14:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A reserva hidráulica subiu na última semana até supor o 49,9% da súa capacidade, con 1.803 hectómetros cúbicos embalsados, de forma que xa supera a cantidade de 1.758 que había nestas datas o ano pasado.

Encoro
Encoro | Fonte: Europa Press

Segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Medio Ambiente, a reserva do Miño Sil elévase até o 47,8% da súa capacidade (1.447 hectómetros cúbicos), aumenta tres puntos fronte ao 44,2% da semana anterior. Con todo, queda lonxe da media da última década (1.848 hm3).

No tocante á demarcación Galicia Costa, a reserva increméntase até o 52% (356 hectómetros cúbicos), máis de cinco puntos por encima do 46,6% de sete días antes. Tamén está por baixo da media dos últimos 10 anos (437 hm3).

As precipitacións foron abundantes en toda a Península na última semana, coa máxima rexistrada en Vigo (103,6 litros por metro cadrado), segundo informa o Ministerio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta