Temas: BNG ANA PONTóN

O BNG marca 2018 como ano no que reformar o "esgotado" Estatuto de Autonomía

Ana Pontón avanza que o Bloque traballará tamén por unha reforma do "inxusto" modelo de financiamento autonómico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, marca 2018 como o ano no que se deben abrir "dous debates importantes". Por unha banda, alcanzar un novo marco institucional para Galicia, ante o "esgotamento do actual modelo estatutario", así como conseguir unha reforma do "inxusto" modelo de financiamento autonómico.

Ana Pontón (BNG)
Ana Pontón (BNG)

Pontón asegurou que Galicia necesita "cambios estruturais" para "mellorar as condicións de vida" dos seus habitantes ante unha situación de "emigración, desemprego e precariedade".

Por iso, cre que en 2018 se debe traballar para crear "emprego digno", mellorar as pensións, blindar os servizos públicos e "frear a sangría demográfica que cada ano é máis grave". "En definitiva, pór fin á irrelevancia política á que nos está conducindo a estratexia de subordinación de Feijóo a Mariano Rajoy e aos intereses do PP", sentenciou.

Ante esta situación, urxe a que no primeiro trimestre do ano se cre un relatorio no Parlamento para abordar un novo marco estatutario co que "dotar de poder político real ao país", con propostas para que Galicia "non sexa espectadora". Aquí tamén debe haber un "novo marco" para a lingua galega.

FINANCIAMENTO DE COMPETENCIAS

Por outra banda, Pontón queixouse de que 2017 se pechou "sen ningunha novidade" nun novo modelo de financiamento, polo que foi un "ano perdido", a pesar de que "Rajoy anunciou" que ese ano se "ía a producir a reforma".

A portavoz nacionalista ve "fundamental" modificar xa o "insuficiente e inxusto" marco que "fai perder 3.500 millóns cada ano" a Galicia.

Neste sentido, critica que o Goberno galego "oculta información ao Parlamento". "A estas alturas non sabemos que proposta mandou a Xunta ao Estado en materia de financiamento", lamenta.

Por tal motivo, cre que este curso parlamentario debe abrirse cunha comparecencia de Alberto Núñez Feijóo sobre esta cuestión e celebrar un debate "sobre as mellores alternativas" para financiar competencias.

Nesta liña, lembra que o Bloque defende un concerto económico que dea lugar a unha maior capacidade de financiamento de servizos públicos. "Se este modelo foi exitoso para Euskadi (...) non sabemos por que Feijóo non quere ter ese mesmo modelo de financiamento", pregúntase.

Outras prioridades do Bloque para este ano pasan por materia de infraestruturas, coa demanda dunha modernización do ferrocarril, así como tomar medidas ante a "estafa" das peaxes coa transferencia da AP-9. Tamén avoga por propostas contra o "espolio enerxético" a Galicia e contra o "atentado" da nova lei de saúde.

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 carla

O BNG é á única organización política que defende o noso País. É o único con ideas realista para darlle un cambio de rumbo á está Galiza que esmorece. Adiante BNG!!!

1 nostrus

El bloque es una secta politica carente de imaginacion y su ideario se basa en un egoismo desordenado que pretende exclusivamente que a Galicia le toque mas a cuenta de que a las demas regiones le toque menos, cuando lo que se deberia procurar es que la tarta fuera mas grande para que nos toque mas a todos. Se obsesiona ademas en uniformar a los gallegos convirtiendolos en piezas de una máquina y le molesta que cada ciudadano sea autonomo y ser dueño de si mismo.