Ollo coas estafas dos falsos psicólogos

A crise fixo abrollar a falsos profesionais. O Colexio de Psicoloxía de Galicia iniciou máis de 30 actuacións por intrusismo en 2017.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia iniciou un total de 31 expedientes por posible intrusismo profesional en 2017, a través da súa Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo. 

Na consulta dun psicólogo
Na consulta dun psicólogo | Fonte: inforbano.com

Segundo informou esta entidade nun comunicado, as actuacións abertas recollen diversas casuísticas, entre elas as de exercer funcións propias da psicoloxía sen contar coa titulación, por publicidade enganosa, por estar a exercer sen a colexiación obrigatoria ou por anunciarse como especialista en psicoloxía clínica sen contar con esta especialidade.

“O Colexio ten a función de velar por que á cidadanía se lles ofrezan servizos de psicoloxía que garantan e cumpran coa calidade e as obrigas legais establecidas”, apunta. Neste sentido, lembra que no seu exercicio como profesionais, está en cuestión o benestar, a saúde, a calidade de vida, a plenitude do desenvolvemento das persoas e dos grupos, nos distintos ámbitos da vida individual e social. “Así pois, a colexiación é unha garantía pública de que o psicólogo ou psicóloga cumpre tanto coa titulación e cos requisitos legais para exercer, sexa cal sexa a especialidade ou área de traballo”, engade.

O Colexio de Psicólogos suliña que a crise económica fixo abrollar falsos profesionais que aproveitan a vulnerabilidade das persoas. Unha situación á que se suma unha “moi deficiente atención psicoloxía” nos servizos públicos (sanitarios, educativos, servizos sociais, emprego), o que supón, di, “un verdadeiro risco para a saúde e o benestar das persoas”. “Non é só un calote, unha estafa; é que as consecuencias poden ser nefastas para a persoa usuaria, á vez que prexudica gravemente a imaxe social da psicoloxía, que si é unha disciplina científica, que emprega métodos contrastados e está suxeita a un código deontolóxico”, finaliza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta