Unha España Unida

Por mor do ocorrido en Catalunya abriuse unha brecha en España, que en territorios como Catalunya é aínda moito maior, e que en Pais Vasco e Galicia, en menor medida, tamén é importante, e é a brecha da territorialidade…ten que estar España unida inexcusablemente?

Por Carlos González Armada | Vigo | 12/01/2018

Comparte esta noticia
A miña impresión, que comparte ideológicamente falando a organización Xuntos, é que existe unha terceira vía de solución, non é necesario unha postura enfrontada, (ERC, JxC, CUP por unha banda, PP, PSOE, Cs por outro) nin tampouco una de perfil (PODEMOS), creo que existe un termo intermedio que convencería a todos, e axudaría a manter esa España unida que tantos anhelan, pero tamén daría satisfacción aos que necesitan maior independencia territorial
 
Partamos da base que ninguén vai levar un anaco de territorio a ningún lado, Catalunya, Galicia e o Pais Vasco van seguir estando onde están, por tanto trátase dun problema político con solucións dialogadas e acordos, que diso trata a política. Por tanto seguindo con esa premisa do dialogo ten que partir a solución.
 
O dialogo tennos que levar a solucións pactadas entre o estado Español con Catalunya, Pais Vasco e Galicia, de cómo encaixar as súas culturas, linguas, e idiosincrasia particulares dentro do estado español dunha forma na que todos sentan cómodos, e nese dialogo pactado entran tamén os acordos económicos que serán necesarios para que ese cambio de marco territorial sexa efectivo
 
Ante isto tamén ha de terse claro que non pode irse a unha solución de cesións económicas sen máis aos territorios, porque non sería xusto con outros territorios, nin satisfaría outras necesidades de identidade, hase de realizar un novo modelo territorial cuns novos parámetros de relación entre o estado Español e as nacións que o compoñen, unha relación que garanta a identidade de cada territorio e a igualdade entre eles, unha relación que faga que a comodidade de estar nese marco leve a que ninguén teña a máis mínima intención de saír dese marco, desa relación de país de países
 
En Xuntos cremos ter a resposta ao problema, e así quedará definido nos nosos documentos políticos, pero é algo que se necesita debater con todos porque a solución habémola de dar entre todos, unha solución que faga que Catalunya se senta nación catalá e poida resolver os seus problemas sen que Murcia, Andalucía, Madrid ou Asturias, entre outras, se sentan discriminadas, xa que a solución territorial tamén será beneficiosa para eles e dara como resultado unha unión máis forte de España, como é a unión de vontade propia, porque asi o estado Español será sen duvida máis forte
 
O que é incongruente é que a estas alturas aínda se teña que debater e discutir se a AP9 debe de ter as competencias transferidas á Xunta de Galicia cando a AP9 está en territorio Galego, e de todos é sabido que a atención ao cidadán é mellor canto máis próxima, e que a administración máis inmediata, territorialmente falando, é a que máis rápido pode actuar…entendemos que esa regra xeral é a regra que se debe de utilizar para reestruturar a territorialidade do estado, partires de unha descentralización total de competencias, e sempre poñemos un exemplo para seguir, que non a copiar, que é Suíza
 
Creo, cremos, que este debate débese abordar sen complexos, sen medos, con pragmatismo, este sería un primeiro paso na dirección correcta para resolver o que de verdade interesa, os problemas máis próximos aos cidadáns, as pensións, o emprego, os salarios, a sanidade, a educación, etc…pero todo iso será resolto de mellor forma cunha distribución de responsabilidades correcta, e para adxudicar responsabilidades é preciso estruturar o estado, e o estado español, dunha España unida e forte, é un estado no que as nacións dese estado teñan o peso e as competencias necesarias dentro dese estado, que as identidades sexan respectadas e que as actuacións sexan sempre o máis próximas ao cidadán posibles…sería un bo comezo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial (Inxeñeiro e Criminólogo).Coordinador de Organización de Actua en Galiza, (xuntos actua), espazo político e de opinión, federalista, republicano e de esquerdas