Pídenlle á Xunta que os guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas sexan profesionais acreditados

Din que é o mellor xeito de divulgar os "segredos e valores" deste espazo buscando un turismo "sostible de calidade".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/01/2018 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia (AGAIA) pide que a Plan Rector de Uso e Xestión (PRUX) do parque nacional recolla a necesidade de que os guías do mesmo sexa persoal profesional e acreditado.

Imaxe do arquivo do Parque Nacional Illas Atlánticas
Imaxe do arquivo do Parque Nacional Illas Atlánticas

Nun comunicado, AGAIA aseguro que xa lle trasladou esta petición á Xunta  “co fin de conseguir divulgar os segredos e valores deste impresionante espazo, buscando un turismo sostenible de calidade”. Por iso, agarda que os xestores do Parque Nacional escoiten as súas necesidades e as reflexen no documento final, que se atopa en período de redacción.

AGAIA é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa para promover e fomentar a divulgación e a conservación dos recursos patrimoniais. Defende os intereses legais e laborais das persoas asociadas promovendo a profesionalización do seu traballo. “Sobre todo, fomenta o uso público de calidade para conseguir os obxectivos de divulgación e conservación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e da súa contorna”, suliña nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta