A Deputación da Coruña promociona en Fitur a provincia, co Gran Fondo de Ézaro como protagonista

A Deputación da Coruña presenta na XXXVIII edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) as propostas turísticas da provincia, "co Gran Fondo de Ézaro como protagonista", segundo informa o organismo provincial.

A CORUÑA | 15/01/2018 | Actualizada ás 19:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña presenta na XXXVIII edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) as propostas turísticas da provincia, "co Gran Fondo de Ézaro como protagonista", segundo informa o organismo provincial.

Gran Fondo Ézaro
Gran Fondo Ézaro | Fonte: Europa Press

En concreto, esta proba, que figura este ano no calendario oficial das World Series da Unión Ciclista Internacional (UCI), formará parte da presentación que esta institución levará a cabo o mércores.

A responsable da área de Turismo da Deputación, Xosé Regueira; o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o exciclista Ezequiel Mosquera participarán na presentación dun evento "dinamizador da comarca, coa implicación de concellos limítrofes", lembra o organismo provincial.

Por outra banda, sinala que unha imaxe renovada, con novos soportes publicitarios e máis información sobre a oferta da provincia, ao redor de seis "xeodestinos", serán a principal aposta da área de Turismo en Fitur, que se celebrará do 17 ao 21 deste mes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta