Novos campionatos de caza do raposo volven mobilizar aos ecoloxistas

A asociación Libera convidan á cidadanía a queixarse polas autorizacións de novas batidas, a última, a que terá lugar en Dozón e na que participará un alto cargo de Medio Rural.

Por Galicia Confidencial | | 16/01/2018 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O anuncio dun autodenominado "campionato" de caza de raposo no concello pontevedrés de Dozón provocou masivas protestas por parte dos ecoloxistas. Moitos deles remitiron mensaxes de protesta ao gabinete da Consellería de Medio Ambiente, esixindo a suspensión deste permiso.

Reconto dos raposos mortos nunha batida
Reconto dos raposos mortos nunha batida | Fonte: Matarpormatarnon

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, que alentan estas protestas sociais, critican o uso de cartos públicos para subsidiar ás entidades promotoras destas batidas prefixadas no calendario, que se realizan fora da tempada de caza menor e incluso se tentan realizar nas "zonas vedadas", espazos onde teóricamente non se pode matar animais.

Os animalistas tamén denuncian a anunciada presenza dun alto cargo da conselleira de Medio Rural, para exercer a demostración de soporte do goberno a unha práctica, din, “que pervive grazas aos subsidios públicos que percibe a ultraminoría de cazadores, menos do 2% da poboación da comunidade”.

“SUPERCOPA” GALEGA DE CAZA DO RAPOSO

Neste senso as organizacións en defensa dos animais advertiron a realización de catro macrobatidas semellantes nas catro provincias galegas nos últimos días, e tamén a posta en marcha dunha  "Supercopa" galega de caza de raposo.  Logo de anunciar o domingo o rexistro de iniciativas diante do Parlamento galego, LIBERA! e FFW xa deron entrada a súa primeira proposta, unha batería de preguntas nas que se inquire ao goberno sobre as autorizacións e xustificacións destes "campionatos", o custo público dos mesmos e a obriga de asistencia dunha conselleira o 20 de Xaneiro en Dozón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta