Un dos principais fugados que busca a Europol é galego

José Manuel Costas, líder da maior trama de fraude fiscal con facturas falsas en Galicia, leva máis de ano e medio en busca e captura. Foi visto con outro dos grandes fuxitivos do Reino Unido, Mark Acklom, en Xenebra.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

José Manuel Costas figura entre os primeiros da lista da Europol. O seu nome e a súa foto compartiu espazo coa do ex president Puigdemont, ata que España retirou a orde de busca e captura contra el. Agora o ex empresario galego volve ser o máis buscado polas policías internacionais. Leva máis de ano e medio fugado e, desde entón, as forzas de seguridade do Estado non deron co seu paradeiro. 

Ficha da Europol de José Manuel Costas
Ficha da Europol de José Manuel Costas

Costas é o cerebro empresarial das “5 jotas”, un entramado empresarial que defraudou 11 millóns de euros a Facenda e conseguiu eludir á xustiza a principios de xullo de 2016. Fíxoo cando xa era inevitable e inminente o seu ingreso en prisión pola sucesión de condenas que acumulara como líder da maior trama de fraude fiscal con facturas falsas detectada en Galicia. 

O seu historial seguiu acumulando imputacións na súa ausencia. E, por iso, a Policía Nacional decidiu incluílo na lista de fugitivos máis buscados por Europol ante a dificultade para localizalo e a existencia de pistas que o sitúan fóra de territorio español.  Segundo informa o organismo policial europeo, Costas Estévez tería 51 anos, mide 1,77 e ten ollos marróns. A súa ficha tamén inclúe tres fotografas recentes para facilitar a súa detección.

FRAUDE MILLONARIA

Facenda chegou ata el en 2010 tras descubrir que o seu grupo empresarial, que comezara dedicándose á fabricación de casas de madeira e entrou logo noutros sectores, estivera emitindo facturas falsas por servizos inexistentes coa conivencia de máis de 200 compañías, algunhas delas do sector da obra pública. 

Distintas imaxes de José Manuel Costas, o líder da trama das 5 Jotas
Distintas imaxes de José Manuel Costas, o líder da trama das 5 Jotas

As empresas pagaban as facturas ao grupo das Cinco Jotasa través de contas bancarias e, posteriormente, Costas Estévez sacaba o diñeiro e devolvíallo en negro aos pagadores. Para tratar de protexerse, chegou a abrir contas suplantando a identidade de máis de 70 persoas da súa contorna coa axuda dunha decena de empregados de entidades financeiras. Moitos deste empregados, romaneses na súa maior parte, non eran coñecedores destas actividades ilícitas.

As sentenzas xudiciais sucedéronse e caíronlle un máximo de seis anos de cárcere, a pesar de defraudra 11 millóns de euros. Pero Costas non chegou a pisar nin un só día o cárcere. Desde o verán de 2016 a policía non o deu prendido a pesar de que está entre os 50 fuXitivos máis buscados pola Europol, figurando a súa foto e os seus datos nunha páxina web xunto aos datos de acusados por outro tipo de delitos como homicidios, violacións, terrorismo, roubos a man armada ou tráfico de drogas.

ÚLTIMA PISTA EN SUIZA

A última vez que as forzas de seguridade deron con el foi en Xenebra, Suiza. Foi visto e fotografrado hai oito meses con Marck Acklom, un británico que tamén é un dos prófugos máis buscados dese país por ter estafado máis dun millóns de euros a unha anciá.  Pero a pesar de ter a dous dos homes máis buscados de Europa, a policía suíza non foi quen de prendelos. Cando preparaban un operativo para a súa detención, os dous fuxitivos desapareceron.

Desde entón, tanto Costas como Acklom seguen en paradeiro descoñecido e seguen a ser buscados por policías de media europa, pero sen ningún resultado.  E iso, a pesar de que a Europol ten a este vigués no seu top 10 por ser o “responsable da maior trama de fraude á Facenda Pública descuberta en Galicia”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Breogán

Está en Israel que non o procuren noutro recuncho do planeta.

1 Don Pimpón

"As empresas pagaban as facturas ao grupo das Cinco Jotas a través de contas bancarias e, posteriormente, Costas Estévez sacaba o diñeiro e devolvíallo en negro aos pagadores"
Logo el pagaba impostos do facturado sen cartos nas contas? Non era delincuente, era parvo? Ou ao mellor o mecanismo non era ese.