GC Aberto

Deficiencias na traída de Paredes feita por Sercoysa

O BNG ven de rexistrar no día de hoxe unha iniciativa no Parlamento Galego a través do seu deputado Bieito Lobeira, para que o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández dé conta das causas pola que a rede de abastecemento de Paredes, recén feita presente numerosas deficiencias.

Por infobloque (http://www.infobloque-vilaboa.com) | GC ABERTO | 17/01/2011

Comparte esta noticia

O BNG ven de rexistrar no día de hoxe unha iniciativa no Parlamento Galego a través do seu deputado Bieito Lobeira, para que o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández dé conta das causas pola que a rede de abastecemento de Paredes, recén feita presente numerosas deficiencias.

A voceira municipal e candidata ás vindeiras elecións locais polo BNG, Ornela Fernández Salgado trasladou deulle traslado a esta iniciativa ao Parlamento Galego, xa que a rede de abastecemento de auga de Paredes, malia a ser unha obra de recente execución, que foi entregada en 2009, presenta gravísimas deficiencias, entre elas roturas contínuas, perdas nos empalmes, etc que provocan desperfectos nos viais a causa das reparacións. Unha situación incomprensible tendo en conta a súa actividade, mais que embaza a calidade dunha infraestructura que resulta imprescindible para as veciñas e veciños de Paredes.

"Esta obra foi realizada pola empresa SERCOYSA, Proyectos y obras S.A., sociedade coa que mantén evidentes vínculos o actual Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, quen dende agosto de 2005 até xaneiro de 2008 foi apoderado da empresa, xusto despois de deixar a Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta presidida por Manuel Fraga. Algo intolerable dende o punto de vista ético, político e probablemente xurídico", argumentou Fernández Salgado.

"Urxe, en calquera caso, a adopción de medidas que resolvan a situación descrita, máis aínda tendo en conta a "estreita" relación que une ao actual Conselleiro co empresa construtora. Diante diso queremos saber se a Consellería ten coñecemento das deficiencias desta infraestrutura, cales son as causas máis probables, ademáis de se ten previsto exixir responsabilidades á empresa construtora e dos prazos para solucionar estas constantes avarías", sinalou Fernández Salgado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ana

que é o que non é ético? ter un traballo