Temas: MúSICA QUEIXO

Ilegales, un clásico do rock dos 80, no Festival do Queixo

A organización presentou a programación musical para a 43 edición do evento, cartel no que están tamén Sidonie, David Van Bylen & Juan Reich, Banda de Música de Arzúa, Rosa Cedrón e Son de Seu.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 05/02/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O cartel anunciador desta edición, obra do ilustrador santiagués Yago García Rodríguez, xa nos presenta dalgunha maneira a importancia da música neste evento de exaltación do queixo Arzúa-Ulloa. O deseño, un queixo que representa un disco de vinilo nun tocadiscos, transmite a esencia da filosofía do evento e a mensaxe de fusión entre o queixo e a música.

Cartel gañador da Festa do Queixo 2018
Cartel gañador da Festa do Queixo 2018

Logo de anunciar a No Crafts como gañadores do “Queixo Maquetón” (concurso de bandas novéis), a Festa do Queixo de Arzúa anunciou os grupos que conforman o cartel musical deste ano.

O sábado día 3 de marzo tras a actuación da banda madrileña gañadora do “Maquetón” actuarán Ilegales, un dos concertos máis agardados e que chega a Arzúa para presentar novo disco. A continuación estarán no escenario Sidonie, de 20º aniversario, e para rematar a noite sesión dos DJ David Van Bylen & Juan Reich.

O domingo 4, nunha sesión vermú xa instaurada no festival, estará a Banda de Música de Arzúa mentres que pola tarde os concertos galegos correrán a cargo de Rosa Cedrón e Son de Seu.

Todos os concertos serán de balde no Campo da Feira de Arzúa e haberá unha carpa para gozar e “queixear” a cuberto.

Grupo Ilegales. Fonte: Org. Festa do Queixo
Grupo Ilegales. Fonte: Org. Festa do Queixo

Temas: MúSICA QUEIXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta