A Xunta crea outro órgano administrativo con tres funcionarios de confianza

Contará con tres persoas con rango de subdirectores xerais. Feijóo descarta que sexa un “chiringuito” e que vaia custarlle máis os galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2018 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Tribunal Administrativo de Contratación Pública. Así se chamará o novo órgano que a Xunta porá en marcha para “desatascar procedementos administrativos” e para o que destinará tres funcionarios; un director e dous vogais. 

Realizando un trámite na Xunta
Realizando un trámite na Xunta

A preguntas deste medio, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo descartou que o novo órgano creado –que os populares denominaron “chiringuitos” cando chegaron á Xunta en 2009-- vaia a custarlle máis aos galegos porque, dixo, servirá para axilizar os procedementos administrativos e evitar “caos” como os que tivo lugar no concurso do transporte público de Galicia.

“O único que vai ter son a eses tres funcionarios que cobrarán como subdirectores xerais”, dixo ao tempo que restou valor ao que pode custar este novo órgano. “Canto pode valer unha obra que está paralizada no ministerio?. Canto diñeiro se pode perder polo camiño?”, preguntouse para xustificar a creación deste tribunal.

SUBDIRECTORES XERAIS

De feito, este novo organismo contará co letrado da Xunta Santiago Valencia como director e como vogais a dous subdirectores xerais; Ana María de Frutos Martínez e Tomás Ferreiro Otero. A súa elección débese ao coñecemento do mundo das leis administrativas, da administración local e tamén do mundo dos rexistros. Os tres son funcionarios e levan máis de dez anos en postos semellantes.

Ata o de agora era o Estado quen resolvía os problemas de competencias xurdidos en concursos públicos da Xunta que agora resolverá este novo tribunal. En 2016 foron 173 as reclamacións que foron ao Ministerio de Economía. “Por iso, e para evitar atrasos era necesario este novo órgano”, indicou. 

Por iso, o Tribunal Administrativo de Contratación Pública encargarase de analizar os problemas de contratos que existan con subministracións e servizos e máis de 100.000 euros, acordos marco e concesións de obras e servizos de máis de tres millóns de euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ful de estabul

Mexan por nos e dicen que chove, asi que Feijoo di "que vaia custarlle mais os galegos", elogo vai pagar el o soldo de 2 vogales co rango de subdirector e un presidente con rango de director xeral...e que non sexa un chiringuito teño moitas dudas, a parte da independencia deste órgano con tres altos cargos nomeados dixitalmente por o goberno. ImPPresentable!!!