Un caldo “de gloria” para homenaxear a Rosalía

Os concellos de Brión, Padrón e Ames animan ao sector hosteleiro a servir cuncas de caldo de tapa para o Día de Rosalía 2018.

Por Galicia Confidencial | Ames | 13/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Unha cunca de caldo como tapa, tanto durante as comidas, como pola tarde nas ceas. Esa é a iniciativa que, con motivo da celebración do Día de Rosalía 2018, unha efeméride que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro, queren poñer en marcha os concellos de Ames, Brión e Padrón, coa Fundación Rosalía de Castro.

“Caldo de Gloria”, que así se chama esta proposta, convida aos establecementos do sector hostaleiro destes concellos a que durante os días 23, 24 e 25 de febreiro sirvan cuncas de caldo. Os locais adheridos recibirán un cartel e manteis de papel para utilizar esas datas. O prazo para apuntarse na devandita campaña estará aberto ata o vindeiro luns 19 de febreiro. Asemade, dentro desta iniciativa, o venres 23 servirase caldo galego na rede municipal de comedores escolares.

E por que caldo?, porque foi o caldo o que Rosalía de Castro describe no poema Miña casiña, meu lar de Follas Novas. Un poema no que unha muller pobre conta como consegue, fronte ás adversidades que as rodean e ás súas propias penurias, facer un caldo de gloria. Con el non só logra alimentarse e sobrevivir: na súa humildade e ao pé do lume da lareira tamén é feliz.

Trátase dunha receita, tipicamente galega, que será ofrecida como tapa á hora da comida e da cea nos locais que se adhiran a esta iniciativa. Como este ano o Día de Rosalía coincide nun sábado, 24 de febreiro, proponse que o caldo sexa servido durante toda a fin de semana, de venres a domingo. Os locais adheridos recibirán un cartel e manteis de papel para utilizar esas datas.

Cunca de caldo galego
Cunca de caldo galego | Fonte: carlosviajero.blogspot.com

SEGUNDA EDICIÓN

Esta é unha iniciativa que puxo en marcha en 2017 a Fundación Rosalía de Castro e á que se uniu o ano pasado o Concello de Padrón. Este ano, ademais de Ames, súmase o Concello de Brión, polo que xa serán tres os concellos que leven a cabo dita iniciativa. Para potenciar a participación activa nesta campaña crearase o pertinente hashtag ou cancelo e na páxina web http://rosalia.gal/ poderanse descargar tódolos materiais e textos relacionados co evento.

Para participar neste campaña tan só hai que comunicalo a través dos correos electrónicos turismo@concellodeames.gal ou atencioncidada@concellodeames.gal. O prazo para apuntarse na devandita campaña estará aberto ata o vindeiro luns 19 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mario

Oye que buena pinta tiene semejante plato de comida. La verdad es que dan ganas de comérselo. Tengo pendiente una visita para probarlo. Por casualidad hay alguna receta para poder hacerlo. Me gustaría probar en casa. El nombre le viene que ni pintado jaja.

1 Fisna

Non tes outra cousa que facer que este comentario? Pobriño. Se viñeras pola miña casa miña nai agasallaríate con tres cuncas, dez filloas, catro flores e cinco orellas de Entroido. E quizais a túa tamén... Até o mellor con sobremesas máis sabedoras.