Temas: XUSTIZA

“Os traballadores da xustiza xa non aguatamos máis estar pisados”

Quen así fala é unha funcionaria que denuncia a manipulación que a Xunta está facendo da folga co apoio dos medios de comunicación públicos e privados. Nunha misiva ao GC Aberto apunta que teñen apoios de fiscais, avogados e xuíces e pídelle ao Goberno galego que “medite” e “sente a negociar" con eles.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 14/02/2018 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

“Como funcionaria de Xustiza solicito a esta administración que realmente sente a negociar cos traballadores, que deixe de argumentar con falacias e mentiras, que soltar todo este lixo á cidadanía non vai supoñer unha solución. Os traballadores xa non aguantamos máis estar pisados”. Son as críticas que fai Carmen Rodríguez, unha funcionaria de Xustiza nun artigo de opinión publicado no GC Aberto, a sección para que os lectores e entidades poidan escribir a súa opinión directamente. 

Foto Folga Xustiza Para Susana
Foto Folga Xustiza Para Susana

Baixo  o título de “O conflito da Xustiza desde as barricadas”, Carmen lembra que os funcionarios piden “igualdade cos compañeiros doutras autonomías”. Ademais, lembra que na xornada de folga do 25 de xaneiro case 2.000 traballadores da administración de xustiza en Galicia, dun total de 2.700, estiveron na manifestación de Santiago de Compostela. 

Suliña que non foron eles os que se levantaron da mesa e pídelle a Xunta que volva sentar para negociar. “Creo falar en nome dos meus compañeiros e compañeiras, se digo que nesta loita imos chegar ata o final”, di. O seu artigo completo en GC Aberto.

Temas: XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cidadánfartodecaciques

Cuantas horas trabaja de verdad, y cuanto cobra, por favor?