Máis 2.000 xuízos suspendidos pola folga na Xustiza galega, segundo os sindicatos

A folga xudicial mantén o alto seguimento e paraliza xulgados das localidades sen festivo polo Entroido. Os sindicatos sitúan o apoio ao paro no 90% nesta xornada, cuns 200 xuízos suspendidos en Santiago, Vigo e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2018 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

A folga indefinida na Xustiza galega mantén "o alto" seguimento a pesar de que a actividade nos xulgados está marcada polo Entroido, tendo en conta que é día festivo en catro das sete principais cidades galegas —A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol—.

Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega
Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega | Fonte: Miguel Núñez.

Os xuízos suspendidos desde que arrincou a folga superan os 2.000, segundo os sindicatos, aínda que a Xunta rebaixa esta cifra ao considerala esaxerada.

Á marxe, suspendéronse miles de trámites e procedementos xurídicos, e os rexistros civís tamén están paralizados.

En todo caso, fontes sindicais ratificaron que no resto de urbes con actividade mantívose un seguimento medio do 90 por cento, que en cidades como Vigo se eleva até o 95,4 por cento —con 97 xuízos e máis de 190 actos suspendidos—.

En Compostela, o seguimento foi do 86 por cento, con 28 xuízos suspendidos; e en Pontevedra a participación é do 91 por cento —con 68 xuízos suspendidos e 150 actos procesuais con partes e letrados—.

Funcionario dos xulgados de Vigo prestando servizos mínimos na folga indefinida da Xustiza galega
Funcionario dos xulgados de Vigo prestando servizos mínimos na folga indefinida da Xustiza galega | Fonte: Miguel Núñez.

En total, as tres urbes suman case 200 xuízos suspendidos nesta nova xornada de folga. En Santiago, Vigo e Pontevedra, ademais, celebráronse asembleas cos traballadores. 

Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 A verdade

Cando remate a folga deberían pasarlle facturas por danos e perxuízos a cada un destes vagos e denuncias colectivas de usuarios. Que queren? Máis tempo para o café? Entón mellor que non vaian traballar. Á rúa xa home!

1 Xustiza

Imaxino que por vagos te refires aos ineptos que nos gobernan. Porque mandaría truco que dende a túa cadeira de cidadán responsable te adicases a bailarlles a auga a Feijóo e os seus 4 amigos (que por certo, se subiron un 7% o salario, que non era precisaba baixo) e non a apoiar o dereito constitucional de toda persoa traballadora a reclamar, entre outras cousas, as pagas extras roubadas, a falta de prazas públicas ou un salario digno e que se conxelou xa fai uns cantos anos. Máis solidariedade entras as persoas traballadoras precisamos, e non borregada que se crea as mentiras dos que tan mal nos gobernan.

2 cañon trionico

Manifestación de un ignorante irrealizado primero lee, infórmate, y luego opina, ……..o cógete un temario, estúdialo, y aprueba, pero recuerda, para algunos es imposible,,,,,,,,,

3 A verdade

cañon trionico. Mira bonico, eu estudo un temario todos os días porque senón avanzo nos meus coñecementos perdo clientes, teño menos ingresos e teño que pechar e si esto lle pasa a moitos como min non hai quen pague o teu salario. Se por aprobar unha oposición te crees nun plano superior aos que temos estudos, unha empresa, empregados e creamos postos de traballos, pagamos IVE, sociedades, IRPF e demais pois está claro que estás na parte dos " ignorantes irrealizados" que só acadaron ser funcionarios porque non valían para TRABALLAR. A pena é que teña que pagarche o soldo si o si e non poida evaluar os tesu coñecementos e rendemento mes a mes para poñerte na rúa cando rañes a barriga, é o único que é imposible, o do temario.... en fin... menudo argumento.

1 Allariz

Razón de más para despedir sin indemnización a tanto funcionario indecente que no da golpe

1 hombre ya

Y ya puestos, y siguiendo tú razonamiento. A la hoguera con ellos, hombre ya! que hartos estamos en estas tierras de tanto funcionario indecente y que no hace más que entorpecer la brillante labor de nuestros gobernantes! Al cielo con Feijóo! mente brillante y que no hace más que el bien por la gente honrada! Al infierno con los funcionarios! que son todos unos vagos, caprichosos que se les ocurre reclamar sus derechos.