Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2018 | Actualizada ás 15:35
A folga indefinida na Xustiza galega mantén "o alto" seguimento a pesar de que a actividade nos xulgados está marcada polo Entroido, tendo en conta que é día festivo en catro das sete principais cidades galegas —A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol—.
Os xuízos suspendidos desde que arrincou a folga superan os 2.000, segundo os sindicatos, aínda que a Xunta rebaixa esta cifra ao considerala esaxerada.
Á marxe, suspendéronse miles de trámites e procedementos xurídicos, e os rexistros civís tamén están paralizados.
En todo caso, fontes sindicais ratificaron que no resto de urbes con actividade mantívose un seguimento medio do 90 por cento, que en cidades como Vigo se eleva até o 95,4 por cento —con 97 xuízos e máis de 190 actos suspendidos—.
En Compostela, o seguimento foi do 86 por cento, con 28 xuízos suspendidos; e en Pontevedra a participación é do 91 por cento —con 68 xuízos suspendidos e 150 actos procesuais con partes e letrados—.
En total, as tres urbes suman case 200 xuízos suspendidos nesta nova xornada de folga. En Santiago, Vigo e Pontevedra, ademais, celebráronse asembleas cos traballadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.