Por Galicia Confidencial | Madrid | 24/01/2011 | Actualizada ás 21:01
A Deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, explicou esta tarde en rolda de prensa as razóns polas que o BNG se uniu a outras forzas política da esquerda parlamentar para presentar un voto particular á totalidade do Informe das pensións do Pacto de Toledo, e sete votos particulares sobre cuestións determinantes como a idade de xubilación ou o periodo de cálculo da pensión.
O BNG, xunto con representantes das formacións da esquerda parlamentar, IU-ICV, ERC e Nafarroa Bai, presentou en rolda de prensa estas propostas que pretenden a mellora do Informe do Pacto de Toledo para que non ofereza amparo ás pretensións do Goberno de recurtar distintos aspeitos das pensións. Estes votos particulares van mañá pola tarde a debate e votación no Pleno do Congreso.
As propostas do Goberno reducirán a pensión medida nun 10%
Olaia Fernández Davila deixou claro que o voto particular é crítico cos recurtes do Goberno. “O documento do Pacto de Toledo deixa tal flexibilidade que supón un amparo ás decisións do Goberno que o pode empregar para xustificar as súas políticas”. “A importanza do noso voto particular reside na necesidade de manter os dereitos adquiridos no tema das pensións”.
A deputada do BNG alertou sobre o negativo impacto que as propostas do Goberno poden ter nas pensións futuras. “Aumentar a idade de xubilación, incrementar o periodo de cálculo para a pensión, ou os anos necesarios para obter a pensión, reducirían a pensión media nun 10%”, cando o que se precisa é mellorar o poder adquisitivo”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.