Temas: RAPOSOS CAZA XUNTA

A morte dun raposo en Silleda será denunciada ante a Fiscalía para que investiguen as “mentiras” da Xunta

Petón de Lobo acusa á Subdirección xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas de "encubrir as falcatruadas dos cazadores" e denuncia que cargos da Administración galega “adícanse a xestionar as amizades das súas axendas persoais e actuar como portavoces dos lobbies da caza en Galicia”.

Por Xurxo Salgado | Silleda | 20/02/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A morte dun raposo, tiroteado presuntamente por cazadores o pasado 20 de xaneiro nos montes de Silleda, pode acabar ante a Fiscalía de Medio Ambiente.  O animal apareceu abatido nunha zona vedada á caza, ao carón dunha estrada e cunha lata de sardiñas metida na boca para “denigralo”.  A Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo denuncia que a Subdirección xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas da Xunta intenta enganalos tras pedir información sobre este caso.

Raposo que apareceu morto nos montes de Silleda cunha lata de sardiña na boca
Raposo que apareceu morto nos montes de Silleda cunha lata de sardiña na boca | Fonte: Petón do Lobo

Esta entidade denunciou o caso ante o Seprona e ante a Xunta. Na resposta que recibiu do Goberno galego, obviase que o raposo apareceu nunha zona prohibida para a caza e que, polo tanto, era preciso que o TECOR correspondente, neste caso o de Silleda, contara coa preceptiva autorización, segundo o Plan Anual de Aproveitamento Cinexético (PAAC). “A Subdirectora xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, pretende facer crer que o raposo foi abatido dentro do período normal de caza menor, polo que non era precisa autorización para realizar a batida, cando non é así, posto que por tratarse dunha zona vedada si que era preciso tal autorización segundo o artigo 16 do citado PAAC”, denuncia. 

Ademais, esta entidade lembra que, no caso de que a Xunta autorizarse unha batida neste zona --que non foi o caso--, debería  xustificar a súa necesidade ao facer referencia ás actuacións de mellora sobre as poboacións cinexéticas reflectidas no Plan anual de aproveitamento cinexético.

PROHIBIDA A SÚA CAZA

Segundo o artigo 2 da resolución do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no que se determinan as épocas hábiles de caza, o período hábil xeral para exercer a caza en Galicia será o comprendido entre os días 15 de outubro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. No artigo 16 da citada norma relativo a “Réximes especiais por especies aprobados despois de oídos os comités provinciais de caza e o Comité Galego de Caza”, determínase que non se poderán realizar batidas de raposo nas zonas vedadas dos tecores desde o 2 de setembro ata o 14 de outubro de 2017, e desde o 7 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2018.

Resposta da Xunta ante o asasinato dun Lobo en Silleda. Petón do Lobo cre que mente para protexer ao lobbie dos cazadores
Resposta da Xunta ante o asasinato dun Lobo en Silleda. Petón do Lobo cre que mente para protexer ao lobbie dos cazadores

Pero, na resposta dada a Petón de Lobo, a Subdirectora xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Susana Cuesta Fariña, “quere facer crer que a morte do raposo coincidiu coa tempada prevista de caza menor”.  Por iso, a entidade entende que, con esta resposta preténdese “burlar a lei de caza e a súa normativa, ninguneando á cidadanía, ás entidades ambientais e traballando en contra da conservación da natureza”.

“LOBBIES DA CAZA”

Ana Varela, secretaria da entidade, anuncia que presentarán unha denuncia ante a Fiscalía, tanto pola aparición deste raposo morto como polas “mentiras” da Xunta. “A Xunta podería estar prevaricando por omisión (a figura delitiva da comisión por omisión), ao intentar enganar intencionadamente á xente que presenta denuncias polos malos tratos que sofre en Galicia a fauna salvaxe, xa que existen indicios de que non é un departamento que conserve á Natureza, senón que desde os seus postos de responsabilidade pública, en vez de cumprir cos seus deberes, parece que se adican a xestionar as amizades das súas axendas persoais e actuar como portavoces dos lobbies da caza en Galicia”, denuncia en declaracións a GC.

De feito, a Xunta destinou, durante 2016 e 2017, máis de 13.000 euros a campionatos de caza de raposo como o celebrado o pasado sábado nos municipios pontevedreses de Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campolameiro

Por outra banda, tamén salienta que a Xunta podería a estar a encubrir as “posibles falcatruadas dos cazadores” ao non publicar os Plans anuais de aproveitamento cinexético (PAAC), que para cada tempada solicitan as sociedades de caza e pesca, na modalidade de batida. “Así os lugares a incluír nas batidas poden ser manipulados por uns e outros segundo lles sexa convinte para eludir as posibles responsabilidades”, engade.

Temas: RAPOSOS CAZA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Arturo

Respondendo ao comentario 4.1. Desprezo ao galego, lingoaxe arrabaleiro, argumentos torpes... algún comentarista amosa demasiado as claras o seu nivel cultural, menos que baixo. Na época do antropoceno, da extinción masiva de especies, os cazadores son un residuo da edade media, un anacronismo vivinte, un resto da barbarie primitiva. Emburatados no seu mundo miserento, de escopetas e sangue, son incapaces de comprender o noxo e o rechazo que xeneran en moitos sectores sociais. A ignorancia é case sempre atrevida, e sempre, sempre, torpe.Os cazadores son as auténticas " alimañas"

6 Pareado

Perdón do Lobo, esa asociación que persegue gandeiros e agricultores agora tamén Vai tras os cazadores. Malditos ciudadanitos que queren facer do rural su jardincito. Os tiros van sair pero non para os raposos van ir....

5 Antónimo

Pregunta: O director de Galicia Confidencial ampara ou mesmo fomenta a provocación fascista? Resposta: Ver comentario 4.1 deste fío.

4 Arturo

"Alimañas" , " Noble deporte de la caza". ! Seica estamos na edade media, ou na edade de pedra, e temos a mentalidade medieval. Nen os raposos son " alimañas" ( probes ) nen a caza é un " deporte noble " ( ë una salvaxada de analfabetos, non algo que fagan os condes que vivan nun Castelo ), nen os que s paractican son xente " do común", sinón xente embrutecida ca sangue , que disfruta mantando animais. Non vivimos na edade media, non somos analfabetos.

1 anonimo

¿Tienes espejos? ¿Cómo te atreves a hablar de analfabetos si escribes en jallejo? La gente común caza en España, los nobles y personas adineradas se van a cazar a África, Asia u Oceanía, menos lo hacen en América. Me paso tus juicios morales de nuevo moralista por el forro de los (00). Por cierto, no me creo que seas tío. Lo más probable pese al nick es que seas mujer. Como ahora no tienen hijos, sustituyen el instinto materno por el "amor" hacia los animales, tan afectado que produce náuseas a cualquier varón heterosexual.

3 anonimo

El noble deporte de la caza, que nos libra de alimañas como la de la foto, fue siempre algo propio de la nobleza titulada. Tras la guerra de la independencia se popularizó y cualquier persona la ejercía. Ahora se pretende criminalizar a la gente común que disfruta en el campo y afina su puntería. En fin, me sumo al prohibido prohibir, salvo lo que afecte a estos nuevos moralistas que pretenden dar pensiones a las viudas de los porquiños tras la matanza.

1 MeuPai

pero como se puede ser tan ignorantemente payaso?

2 unmais

O noble deporte había que practicalo contigo, coa escopeta de perdigons de sal, para que che proese ben, fillo da tua nai

3 carballo

anonimo , no te las des de heterosexual. no seas un jodido machista maltratador con eses comentarios sobre las mujeres. la caza siempre fue para comer no para afinar tu punteria. quisieras ser nobleza "titulada" pero lo que eres es una "alimaña" que sabrás ti de JALLEJO