Temas: ZAS CINEMA

O concello de Zas organiza a III Edición dos Premios Fouciño para curtametraxes

O certame celebrarase o 30 de xuño na localidade costeira cunha semana previa de actividades relacionadas coas curtas. Poderase participar en dúas categorías unha para centros escolares e outra aberta.

Por Moncho Mariño | Santiago | 25/02/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os Premios Fouciño para curtametraxes está dirixido a estudantes e persoas que desexen mostrar o seu facer dentro das artes audiovisuais. Tamén se quere potenciar a difusión do galego dentro da rede con creacións orixinais.

Casa Consistorial de Zas
Casa Consistorial de Zas

Esta terceira edición foi presentada polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, o concelleiro de Cultural, Manuel García e un grupo de mozos e mozas que serán os coordinadores do certame. Para a posta en marcha desta III Edición contarán co apoio da Deputación da Coruña. O alcalde de Zas destacou que "este certame acabou converténdose nunha referencia no audiovisual tanto dentro como fóra da Costa da Morte".

PRAZOS E CATEGORÍAS

As categorías nas que se divide esta nova edición dos Premios Fouciño, son dúas. A primeira está dirixida para centros de ensino. Na segunda categoría poderá participar o público en xeral. Nos dous casos a temática será libre, cunha duración que non supere os cinco minutos e estar en galego ou contar con subtítulos en galego.

O prazo para presentar as pezas comezará para o outro día de que se anuncie esta III Edición no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 31 de maio de 2018. A temática será libre e dentro da categoría para público en xeral ,seleccionaranse dez pezas con tres de reserva. Para a categoría de centros de ensino, sempre que se cumpran os requisitos pedidos nas bases, pasarán á final todos os traballos presentados.

Os premios que se repartirán serán un total de 1000€, dividíndose en 300€ para centros de ensino e 700€ para categoría aberta. Xunto ao premio en metálico as obras gañadoras recibirán tamén un trofeo. O público poderá tamén emitir o seu voto para cada curtamentraxe. A máis votada levará un trofeo.

Temas: ZAS CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta