Temas: MINA TOURO O PINO

Un profesor da USC colaborador de empresas mineiras acusa aos medios de “desinformar” en relación á mina de Touro-O Pino

Felipe Macías, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Bioloxía, negou que teña consecuencias sobre o medio ambiente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O pasado mércores a Facultade de Química da USC acolleu unha conferencia baixo o título: “Touro: un novo proxecto de explotación mineira. Consecuencias ambientais”. Moitos dos asistentes agardaban que se falaran das repercusións da mina pero o conferenciante, o profesor de Químicas Felipe Macías Vázquez, “resultou ter un contrato de colaboración con empresas como TEN, fabricante de tecnosoles (tecnoloxía para a recuperación dos terreos danados pola mina), ou Francisco Gómez y CIA e Explotaciones Gallegas, as dúas directamente relacionadas coa explotación da mina”.

cabeceira da manifestación contra a mina de Touro
cabeceira da manifestación contra a mina de Touro | Fonte: Rubén Souto

Así, o denuncian nun artigo publicado no GC Aberto, a sección destinada a dar voz aos lectores e as asociacións,  un estudante desa facultade en nome doutros estudantes que din que, o conferenciante “empregou fotografías de manifestantes contra a mina para mofarse e fixo unha serie de comentarios despectivos e ata insultantes cara xornalistas e medios comunicativos chamando mentiras a datos contrastados, moitos deles incluídos no propio informe sobre o proxecto da empresa”.

Temas: MINA TOURO O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 MaruxaC

Nada raro nun señor que nas súas clases se dedicaba a ensalzar o beneficiosos que son os eucaliptos para os solos galegos, a gran restauración ambiental da mina de As Pontes converténdoa no lago, ...

3 Pode ser

Vaia, parece que o respeto que tanto piden algúns para as opinións favorables se esfuma cando a xente non opina coma eles. Bueno, nada novo, estamos a velo constantemente. Cando saen opinións que non gustan aos acólitos rapidamente saen os calificativos: fachas, podres, alienados, felóns, fascistas, vendidos, vasaios,.... Se o señor Felipe Macías opina con datos o que terán e que rebatilo con otros datos non con descalificacións. Ao mellor este señor ten contratos con empresas porque aporta solucións a problemas en lugar de adicarse con diñeiro público a facer política dende un despacho sen máis labor que criticar sen aportar unha soa investigación práctica, digo eu, non? Ou non hai catedráticos que opinan en contra da mina? son máis listos logo?

1 Antoniooooo

Estara bien untado si le hicueran la mina al lado de su casa a lo mejor no opinaba igual

2 Vijo

A punta do iceberg do colaboracionismo de certos catedráticos e profesores das universidades galegas con algunhas empresas impresentables. Por certo, non hai lei de incompatibilidad para estes funcionarios?

1 Estralampa

Felipe Macias, voceiro de ENCE dende tempos inmemoriais...