Bergondo lembra a Filomena Dato, a segunda autora dun libro en galego e voz do feminismo no século XIX

A Asociación Cultural Suárez Picallo insta a rescatar á autora "do seu inmerecido esquecemento"

| 26/02/2018 | Actualizada ás 19:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Autoridades, institucións e alumnos protagonizaron unha sentida homenaxe no cemiterio de Moruxo, en Bergondo (A Coruña) á escritora Filomena Dato, unha das precursoras do feminismo en Galicia e a primeira autora desde Rosalía de Castro en publicar un libro en lingua galega.

Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo | Fonte: Europa Press

O acto foi impulsado tanto polo propio Goberno local como pola Real Academia Galega (RAG) e as asociacións culturais Irmáns Suárez Picallo e Lisístrata, con motivo do 92 aniversario do seu falecemento no camposanto no que a poetisa foi despedida en 1926.

A escritora e editora Dores Tembrás, a actriz Ana Hermida e un grupo de alumnos de 2º de ESO fixeron lectura de diversos fragmentos da obra da autora, nunha homenaxe que contou co descubrimento dunha escultura de Francisco Escuredo e a interpretación do himno galego a cargo de José Otero López.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, lembrou a importancia de Filomena Dato, a segunda muller na historia en publicar un libro en galego. A través desta obra, 'Follatos' (1891), "contribuíu a esa bandeira que levanta a cultura, a lingua e a dignidade de Galicia".

"Porque unha lingua son os seus falantes, a xente que a fala, a xente que a ama, que a usa, que a herdou dos seus avós e que quere transmitirlla aos seus netos e netas", manifestou.

A homenaxe, conducido polo párroco Rubén Arramburu, contou tamén coa intervención da rexedora local de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, quen destacou o papel da autora "loitando coa súa pluma polas mulleres e os seus dereitos".

Esta tarefa de defensa se exemplifica a través do poema 'En defensa das mulleres', premiado en 1887 no certame literario convocado en Ourense inspirado na memoria do padre Feixóo e a defensa que fixo da muller no século anterior.

A autora rebate ao longo dos seus 400 versos os prexuízos propios da época en contra das mulleres e consagrouna como unha das principais voces do feminismo desde o galeguismo desde a década dos 80 do século XIX, tanto como oradora como na súa obra.

RESCATALA DO SEU "INMERECIDO ESQUECEMENTO"

Con motivo desta efeméride, varias entidades impulsaron reedicións para difundir a importancia da obra de Filomena Dato. O seu libro 'Follatos', editado no seu día pola imprenta de Antonio Otero, acaba de saír de novo á luz en edición facsimilar a través da Deputación da Coruña.

Así mesmo, a Asociación Cultural Suárez Picallo atópase preparando unha publicación na que recompilarán novas referencias sobre a autora, parte delas recollidas dos fondos da Real Academia Galega e algunhas procedentes da outra beira do Atlántico, que a RAG considera "unha proba da relevancia de Filomena Dato tivo no seu día".

A entidade instou "rescatar á autora da súa inmerecido esquecemento", a través desta e outras contribucións para honrar a súa memoria e reivindicar a súa figura.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta