Temas: FEGAMP PEDRO PUY

Os concellos galegos rexeitan a proposta do PPdeG para usaren remanentes de tesouraría

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, rexeitou a proposta do PPdeG para que os concellos poidan usar os remanentes de tesouraría para devolver o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Este imposto é coñecido como plusvalías que fora indebidamente cobrado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2018 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O  portavoz parlamentario dos populares galegos, Pedro Puy, informou o luns de que a súa formación rexistrou unha preposición non de lei no Parlamento de Galicia para formular esta solicitude ao Goberno central.

Alfredo García, presidente da FEGAMP
Alfredo García, presidente da FEGAMP | Fonte: FEGAMP

Respecto diso, o presidente da Fegamp,  Alfredo García, pediu a Pedro Puy que non se "entremeta" nos acordos alcanzados por unanimidade no municipalismo galego. "A proposición non de lei non parece máis que unha rabieta polo éxito da reunión de alcaldes e alcaldesas en Madrid que obrigou ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, a rectificar e permitir o uso do superávit", manifestou García.

Alfredo García asegurou que a Federación Galega de Municipios e Provincias "non pretende dar consellos" pero lembroulle ao portavoz parlamentario do PPdeG que, na Fegamp todos os acordos son "conseguidos por unanimidade", esforzo que lle pediu a Pedro Puy.

Deste xeito, mostrou o seu rexeitamento á iniciativa do PPdeG que, segundo criticou, busca que os municipios paguen co seu superávit a devolución da plusvalía municipal, un tributo que "está pendente de revisión por parte do Estado" debido á "incongruencia que supuña pagar plusvalía por inmobles nos que a súa venda non supuxese ningún incremento no valor do mercado debido, entre outras cuestións, á crise.

"Esta é unha cuestión que compete directamente ao Goberno central xa que o tributo e o seu cálculo depende exclusivamente da formulación do mesmo pola Administración central", sinalou.

Temas: FEGAMP PEDRO PUY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta