Monforte consulta sobre igualdade aos seus veciños

O Concello de Monforte conmemora o Día Internacional da Muller cun amplo programa de actividades e os veciños poden responder a unha enquisa, dispoñible na páxina web do Concello, que servirá de ferramenta para elaborar o III Plan de Igualdade.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 02/03/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A primeira das actividades é un obradoiro de risoterapia, que se vai celebrar o martes, 6 de marzo, de 19 a 20.30 horas na Sala de Actividades do Centro Cívico, no Paseo do Malecón. Neste caso, as prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente no Centro de Información á Muller (CIM). Haberá unha segunda oportunidade de acudir a este obradoiro, será unha semana despois, o martes 13.

Imaxe programa Día Internacional da Muller
Imaxe programa Día Internacional da Muller

A seguinte actividade chega co propio Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Ás 12 do mediodía a praza do Concello acollerá unha concentración e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, será a encargada de ler o manifesto.

Un día despois, o 9 de marzo, os alumnos de primaria dos centros educativos visionarán o conto Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo, e recibirán un exemplar do libro. Esta actividade terá como escenario o salón de actos do Centro Cívico e será de 11 a 12.30 horas.

O sábado, 10 de marzo, o grupo de teatro Teatreir@s porá en escena a obra Questión de equidade. Neste caso, será na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas.

O luns, 12 de marzo, as mulleres que desexen conseguir o certificado de profesionalidade, comezarán a recibir a chamada formación competencias clave nivel 2. As prazas son limitadas e as persoas interesadas deberán realizar a inscrición no Centro de Información á Muller (CIM).

Para o 14 de marzo está programada na Casa da Cultura e a partir das 20.00 h. unha charla sobre prevención da saúde na muller a cargo da educadora social Aixa Permuy: O pensamento positivo, unha forma de vida e para o 15 os alumnos da escola infantil municipal gozarán dun espectáculo de contacontos, El mundo mágico de Fresara. Comezará ás 18.00 horas.

Plan de Igualdade

Outra das actividades é a mesa de traballo para a elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Monforte, que se vai celebrar o 16 de marzo no salón de plenos. A primeira das mesas será ás 12.30 horas e vai dirixida a persoal político e técnico. A segunda delas comezará ás 13.30 e, neste caso, está pensada para as asociacións, colexios e sindicatos.

Precisamente, a elaboración  do III Plan de Igualdade é un proceso participativo e, polo tanto, fan falta as achegas e as suxestións de todas as persoas implicadas. Neste punto, tamén cómpre a opinión dos veciños e veciñas de Monforte. Por ese motivo, a través da páxina web, o Concello habilita un enlace para dar resposta a un cuestionario. Esta enquisa servirá de punto de partida para ter unha diagnose da sociedade e poder elaborar así o III Plan de Igualdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 chapeu

Machinazi

1 Risoterapia

Quen queira pode trollear a enquisa feminazi, eu xa o fixen.