As mulleres, divididas na política, sobre o seu papel no futuro de Galicia

As posturas diverxentes entre as formacións políticas fan que a folga deste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, divida, aínda máis, ao partido que goberna e aos que están na oposición. En Marea, PSdeG e BNG, que apoian a folga, chaman a participar, mentres que o PP a ve como unha manifestación afastada da realidade. GC falou con representantes políticas de todos os grupos, menos do Bloque, que remitiu a un comunicado de prensa feito público o pasado domingo.

Por Moncho Mariño | Santiago | 07/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As diferenzas sobre a folga das mulleres convocada para o 8 de marzo supuxo ata o último momento un factor de confrontación. Desde chamadas á folga estilo xaponés de ministras que se senten arroupadas por líderes políticos que logo non se identifican con elas, ata as voces que chaman á participación para rematar dunha vez cun estilo de vida patriarcal, machista, discriminador e mesmo violenbto contra as mulleres. Por iso, GC testeou o punto de vista das formacións políticas e tamén como xustifican as súas posturas diante dun paro laboral que busca a implicación da metade da sociedade e non só dun sector económico concreto.

Manifestación feminista en Galicia
Manifestación feminista en Galicia

Paula Quinteiro, do grupo Parlamentario de En Marea coincide con outras mulleres do Parlamento Galego e cos movementos reivindicativos en que “son moitas as reivindicacións e concordamos con todas elas, sobre todo no que son as desigualdades entre homes e mulleres no terreo produtivo, cpn traballos precarios e cobrando moito máis que os compañeiros de traballo”. Quinteiro ve máis que a fenda salarial como elemento que chame á mobilización “pensamos que esta folga é positiva pois vai axudar a visibilizar ese traballo esquecido que é o dos coidados, pois vemos que con esta convocatoria os coidados no fogar póñense de manifesto”. Anticipándose posiblemente aos posibles resultados que saían do 8 M, Paula Quinteiro ve “un éxito, pois a manifestación en Vigo xa o foi, e aquí será un éxito xa só na convocatoria pois está conseguindo cambiar culturalmente o  propio concepto do feminismo” pois “está colocando no centro da axenda moitos debates que ata hai pouco por desgraza quedaban reducidos a espazos máis minoritarios”. Entre eses debates estarían o traballo no fogar e o consumo.

Desde o PSdeG, María Pierres, voceira de Igualdade, considera que “as razóns para manifestarse son moitas, non só o 8 de marzo, senón todo o ano contra a fenda salarial, a discriminación que vivimos en todos os campos”. Pierres manifestaba isto logo de saír do pleno parlamentario do 6 de marzo e que continuaría o 7 “decidimos abordar este punto para reflectir todas as desigualdades que se dan en todos os ámbitos da nosa vida”. As iniciativas presentadas son as de Muller e Cultura, Muller e Mar e Muller e Fenda Salarial e tamén Educación. “Isto non vai ser o final senón o comezo dunha loita que é moito máis longa, é un golpe na mesa moi consciente pois somos as mulleres máis formadas da Historia as que dicimos basta xa”. Sobre a participación dos homes nesta folga e nas manifestacións convodadas, “pedímoslles que nos acompañen dunha maneira diferente, asumindo o traballo que deixaremos de facer, que non só é laboral senón tamén o do coidado dos menores e maiores” con intención “de deixar ver que son as mulleres as que asumen maioritariamente estas tarefas e que son traballos altamente servilizados e é un tema que debe entrar xa na axenda política” segundo María Pierres.

RESPECTO PARA QUEN NON SECUNDE

Pola súa banda, a parlamentaria do PPdeG Paula Prado remarca a postura que defende o seu partido de non intervir na folga. “Respectamos ás mulleres e homes que a queren secundar pero tamén respectamos a mulleres e homes que non queren secundala”. Xunto a isto, Paula Prado quixo lembrar cuestións de fondo na chamada á folga do 8 M “hai que destacar diferenZas entre as entidades que a convocan, dunha banda temos unha folga internacional promovida por entidades feministas cun paro de 24 horas non só para o posto de traballo, tamén para os coidados e logo en España quen chama á folga son os sindicatos, pero aquí non son eles os que convocan, só chaman a paros de dúas horas en cada quenda”.

mulleres deputadas noutra lexislatura
mulleres deputadas noutra lexislatura | Fonte: mundo.es

Prado considera que se vai máis alá do que é un paro normal “pois falan cos empresarios para que non lles desconten esas dúas horas, iso non é unha folga en si mesma”. A esencia da convocatoria do 8 M para Prado é a visibilización dos retos que aínda quedan, pero lembra os posicionamentos das outras forzas políticas “dentro do PSdeG a alcaldesa de Lugo di que ela vai facer folga traballando, a presidenta da Deputación de Pontevedra di que non vai facer nada durante esas vinte e catro horas”. Paula Prado por tanto remarca a postura do seu partido cando di “non imos ir á folga  pero respectamos os motivos de cada quen para ir e para mostrar o que aínda falta para chegar á igualdade”. A parlamentaria do PPdeG ve ese traballo a prol da igualdade entre homes e mulleres no traballo parlamentario “pois presentamos iniciativas para avanzar e conseguir resultados neste ámbito”.

OUTRAS VISIÓNS

No BNG non quixeron dar directamente a súa opinión sobre esta cuestión e remitiron un comunicado de prensa dado a coñecer na manifestación do pasado domingo en Vigo onde manifestan que a voceira nacional, Ana Pontón, reivindicou unha lei pola igualdade salarial e sancionar ás empresas que paguen menos ás traballadoras que aos traballadores. Nese mesmo acto, Pontón recalcaba que “as mulleres non teñen por que ser o sostén dos recortes do goberno e comprobar que cobramos 4000 euros menos que os homes.

Noutros ámbitos administrativos como o do municipalismo, a concelleira de Igualdade do Concello de Santiago, Marta Lois, sente que “aprobouse nun pleno con ampla maioría sumarse, apoiar e secundar todas as reivindicacións das que parte esta convocatoria do movemento feminista e que ten por obxectivo facer unha mobilización moi numerosa”. A folga para Marta Lois ten como valor engadido “que é un movemento mundial para demostrar que se paramos as mulleres para a produción” e por iso mesmo “vai haber un antes e un despois para colocarnos nas axendas políticas cales son as precondicións e coidados que as mulleres aportan a esta sociedade a día de hoxe”.

Sexa como for, a coincidencia en que existe unha fenda salarial, matizada segundo o ángulo político que se manifeste; os coidados dentro da familia tanto de menores como de maiores, a desigualdade na valorización de traballos semellantes feitos por persoas de diferente sexo, buscan marcar dunha maneira clara e definitiva, unha axenda de temas para desenvolveren os gobernos no que toca aos dereitos entre persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 O voso é enfermizo

O golfiño e os seus concelleiros homes saíndo ao balcón a sacarse selfis buscando aplausos, Iúlius tomando a palabra para falar... É que nin hoxe puideron aproveitar a oportunidade de deixar o protagonismo ás mulleres?

5 Realidade virtual

FRACASO ABSOLUTO da folga feminazi. Estamos diante da primeira folga virtual da historia: só existiu nos medios de comunicación do réxime -o panfleto Galicia Confidencial incluido- que durante todo día contaron unha película que non tiña nada que ver coa realidade. AS ÚNICAS QUE FIXERON FOLGA SON AS QUE XA NON TRABALLAN NUNCA: políticas, presentadoras, teóricas do feminismo subvencionadas, algunha charo funcivaga de pelo violeta, oenejetas varias, etc.

4 a folga non e tal

Situación de fracaso absoluto da folga, algo no seitor da educación e puntualmente, pero que moi puntualmente algo noutros sectores, algún-ha concentración, algún-ha pintoresca (algún caso de co.co de machiños de acompañamento) isto movese mais no tema do "espectáculo consensuado" algún-ha concentración de minimos diante dalgun centro sanitario. Incluso en seitores empresariales dominadas por mulleres (pequeño comercio) traballando e coas portas abertas como si fose o dia do das camelias, en vez da folga da feminista, algún cartaz da "cona" foi esganado por "indignados da marea" (retardados mentais, sinvergonzas) QUE VERGONZA SEÑORES MAREANTES, DEBERIA DARLLES VERGONZA, tedes idos coas mans coas uñas rapaces, QUE CARA TEDES!!! SABEDES O QUE OS DIGO ANDA E MIRADE SI O VELLO -VIEIRAS LEVA POSTOS CALZONS DE COR ROSA!!!-

3 Alcabre

Din unha volta pola cidade e a normalizada é absoluta. Citroën traballa, os asteleiros tamén, as tendas todas están abertas con maioría de mulleres traballando, no Gadis, no Alcampo, no porto, nos bancos e mesmo colexios, hospitais e cafeterías. Sen mulleres o mundo non se acaba.

2 Liberada_day

Tanto piquete, tanta folga, estou agotada de tanto traballar