Temas: MINA XUNTA

A Xunta repartirá un millón de euros entre entidades sen ánimo de lucro para impulsar proxectos mineiros

Convoca axudas para actividades de sustentabilidade, prevención e innovación nun sector que di, representa o 1% do PIB e xera 5.000 postos de emprego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Máis dun millón de euros. Ese é o diñeiro que a Xunta destinará o sector da minaría, pero a través dunha nova axuda que non vai a empresas, senón a entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo, impulsar “a sustentabilidade, a prevención e a innovación no sector” e prevé que esta nova orde permita desenvolver ao redor de 20 proxectos e mobilizar máis dun millón de euros.

Maquinaria nas obras dunha mina de pizarra
Maquinaria nas obras dunha mina de pizarra

A convocatoria, que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), está dirixida a entidades sen ánimo de lucro con representación no sector mineiro galego que presenten iniciativas que teñan como obxectivo mellorar as prácticas preventivas e ambientais; a transferencia de coñecemento, a investigación e a innovación neste eido; o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, ou a divulgación e promoción do sector.

As axudas, que poderán cubrir ata o 80% cun máximo de 100.000 euros por proxecto, tramitaranse por concorrencia competitiva e nos criterios de valoración terase en conta a tipoloxía da actuación -atendendo á finalidade, impacto e carácter innovador, a calidade técnica da proposta, e a difusión de resultados. Cun orzamento final da Xunta para este programa de 889.642 euros, os apoios poderán destinarse a gastos relacionados con recursos humanos, adquisición de equipamentoa e instrumental, custos de investigación contractual e patentes, ou material funxible.

“O desenvolvemento destas iniciativas redundará na mellora do ambiente -grazas a proxectos que terán un menor impacto no contorno- e nunha maior seguridade no desenvolvemento da actividade mineira por parte dos traballadores ao fomentar a prevención en materia de riscos laborais”, xustifica a Xunta esta convocatoria. Estes apoios sumaranse aos realizados nas edicións anteriores, que desde 2012 permitiron o desenvolvemento de 60 proxectos, aos que a Xunta destinou 3,7 millóns de euros. 

A Xunta insiste en que o seu obxectivo é “impulsar unha minaría segura e sustentable, capaz de crear máis valor e empregos na Comunidade mantendo todas as garantías urbanísticas, ambientais e técnicas”.

Temas: MINA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Iván Rodríguez Lombardero

É incrible que os responsables de que se cumpra a lei mineira, de augas e de impactos tapen os ollos e adiquen os nosos cartos para que outros miren que se pode facer cun sector que está botado ó monte.

1 STOP DESTRUCION DA TERRA.

O obxetivo de estas axudas e comprar a xente para que apoie a destrucion do territorio con minas. Destras de todo esto estan a empresas das canteiras.