A neve dificulta a circulación en estradas de Lugo

A neve caída durante este sábado está a dificultar a circulación en distintas vías da zona de Lugo, provocando cortes puntuais nalgúns dos viarios, nos que se acumulan até 15 centímetros de neve.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2018 | Actualizada ás 14:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A neve caída durante este sábado está a dificultar a circulación en distintas vías da zona de Lugo, provocando cortes puntuais nalgúns dos viarios, nos que se acumulan até 15 centímetros de neve.

No caso de Lugo, a vicepresidencia da Deputación informou que durante a noite, ademais, rexistráronse 5 saídas por vehículos atrapados sen cadeas, dúas na Degrada, dúas en Negueira e unha en Louxas.

En canto ao estado das estradas, indica que durante a mañá estiveron afectadas as estradas 1303 e 5001 en Quiroga (Vilarbacú e Visuña). En Caurel, están todas as vías afectadas por espesores medios de 15 centímetros, con especial incidencia na Lu-P-4501.

En Becerreá está afectada a estrada de Pena do Pico, a LU-P-0708, por un espesor de 5 centímetros con algún tramo de 10; en Pedrafita todas as vías, por case 10 centímetros de neve, e do mesmo xeito en Cervantes, coas estradas con até 15 centímetros de espesor de neve, en zonas como a de 'Setecarballos'.

Tamén rexistran problemas para circular os viarios dos municipios de Fonsagrada; Negueira de Muñiz -LU-P-3601 e 3602-; Navia; Samos na parte alta cara a Aira Padrón; Ribas de Sil na estrada de Alto da Moa; Nogais e Triacastela.

En Ourense, a Dirección Xeral de Tráfico mantén desde este venres a alerta por circulación irregular, por nevada, na estrada OU-122 á altura de Casaio(Ourense) desde o quilómetro 20 ao 26.5 en ambos sentidos, estando prohibida para camións e articulados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta