Temas: CAZA MENORES

60.000 sinaturas para prohibir a presenza de nenos en cazarías

A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber sumaron xa 60.400 firmas para esixir unha Lei galega que prohiba a participación de nenos en cazaría, ou a creación de licenzas de caza para menores de idade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2018 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber  levaron adiante esta iniciativa ao entenderen que se trata dunha "auténtica aberración pedagóxica e social", o feito de que asistan menores de idade a cazarías.

Caza
Caza | Fonte: Europa Press

As entidades animalistas puxeron en marcha a campaña #NoEsUnJuego, para recoller sinaturas a través da plataforma Change.org. Abren o debate sobre "a presenza ou participación de persoas menores de idade" en prácticas de caza. Apuntan tamén  "risco e a banalización da violencia" que pode implicar no "desenvolvemento psicosocial e moral" dos mozos.

En Galicia a Lei de Caza de 2013 permite a participación de menores de entre 16 e 18 anos en cazarías. Pero as asociacións animalistas advirten que existe "unha rumoroloxía crecente sobre a presenza de persoas de inferior idade en todo tipo de batidas na comunidade", expondo así á adolescencia a actos de "recoñecido risco, como accidentes ou disparos perdidos".

As organizacións denuncian os "intentos" do sector de rebaixar a idade mínima legal para cazar aos 14 anos, o que, ao seu xuízo, "pon enriba da mesa un problema moi severo" como o é "a facilidade para demandar que menores poidan portar armas" e, como consecuencia, a "militarización da sociedade ao máis puro estilo norteamericano". Neste sentido, aseguran que os colectivos procaza "tratan de efectuar estas modificacións legais como resposta á falta da substitución xeracional" nunha actividade "que perdeu toda utilidade e funcionalidade tradicional".

CANS ENCADEADOS

As asociacións Libera! e Franz Weber censuraron o encadeamento de cans en Galicia, que cifran en 301 casos nos que en "apenas unha decena parecen tomarse medidas respecto diso" o 3,32 por cento das denuncias, sobre o cal urxen a creación dun plan específico de inspección e vixilancia.

Os animalistas lembraron que a entrada en vigor hai máis de dous meses da Lei de Benestar Animal na Comunidade contempla sancións entre os 501 e 5.000 euros para estes casos e para outro uso de dispositivos que limiten os seus movementos ou modifiquen o seu comportamento con crueldade.crueldade.

Temas: CAZA MENORES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

Para o 15 de abril esta prevista unha concentracion a favor da caza en Santiago. Acudide todos os que podades para defender a caza porque a caza pertenece a Natureza e axuda a regulala. Un cazador sensato é como un xardineiro nun xardin. Un cazador insensato é como un conductor suicida, pero porque haxa un cazador suicida non se pode criminalizar a todos os conductores. Tampouco se pode criminalizar aos cazadores porque haxa cazadores insensatos e furtivos. Por outra banda a caza furtiva xa é ilegal e xa esta prohibida. Un saudo.

1 celerico

E os cazadores de setenta e oitenta anos que eu vexo en accion aos domingos na contorna da miña aldea,que non distinguen un javali dunha persoa,eses que son sensatos,insensatos ou mediopensionistas? A caza facédea nas vosas terras,se é que as tendes.Deixade enpaz a propriedade allea.