A Coruña impulsa unha Escola de Empoderamento Feminista “para fomentar a toma de conciencia persoal das mulleres”

Afondará en actividades como os autocoidados, o xénero e a discapacidade, fotografía, autodefensa, crecemento erótico ou cabaré empoderante.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2018 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A Coruña porá en marcha unha Escola de Empoderamento Feminista, un programa municipal "con vocación de estabilidade" que nace para buscar unha participación máis activa das mulleres”, así como a creación de redes, a mellora da incidencia política para a igualdade e a inclusión das diversidades nos diferentes ámbitos da vida. 

A concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, Rocío Fraga, presenta a Escola de Empoderamento Feminista
A concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, Rocío Fraga, presenta a Escola de Empoderamento Feminista | Fonte: acoruna.gal

"Trátase dunha iniciativa que entronca coa prevención das violencias machistas, en tódalas súas dimensións, e que está vinculada ao traballo de reforzo do empoderamento feminista, esa toma de conciencia persoal de sentirnos as mulleres obxectos de dereitos, de capacidades e de intereses propios", indicou durante a súa presentacion a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

As actividades da Escola de Empoderamento Feminista previstas para o próximo trimestre tratarán temáticas como as identidades de xénero, subxectividades e diversidades, os dereitos humanos no enfoque das relacións e da convivencia, o empoderamento vital e empoderamento colectivo e os liderados transformacionais para unha vida libre de violencias. 

As actividades irán dirixidas a mulleres que afondarán nos autocoidados, o xénero e a discapacidade, fotografía, autodefensa, crecemento erótico ou cabaré empoderante. Tamén haberá actividades mixtas centradas na orientación sexual e un obradoiro dirixodo homes dende o que reflexionar sobre as novas masculinidades "para que tomen conciencia de como lles afecta de maneira negativa o patriarcado".  O resto das actividades, así como o a data e lugar de celebración serán presentadas o día 3, data a partir da cal se abrirá o prazo de inscrición online, por correo electrónico e presencial.

O calendario de actividades previstas presentarase o vindeiro 3 de abril nun acto de apertura que consistirá nunha conversa aberta coa activista, pensadora feminista e profesora na Universidade de Hofstra de Nova York Silvia Federici que leva por título 'A nova caza de bruxas, coidados e comúns. Desafíos nas loitas feministas do século XXI' e na que tamén participará a profesora do  Centro de Estudios de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, Antía Pérez Caramés, como condutora da conversa. O acto rematará coa poesía e a música de AldaoLado, o dúo conformado por Lucía Aldao e María Lado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Que si

Faino o concello da Coruña cuxo nucleo duro do goberno municipal, que xestionan a maior parte do orzamento, son TODOS homes? Por iso na manifestación feminista organizada polo concello falou Iúlius.

1 anonimo

¿ E falarán tamén dos país divorciados que non poder ver aos seus fillos ? ¿ Formará parte eso tamén do empoderamento femenino ? Asegúrolles que é algo moito mais frecuente do que parece, ainda que non se fale deso.