Temas: DOAZóNS

As reservas de sangue A negativo e Cero positivo seguen baixas en Galicia

As de Cero negativo (0-) e A positivo (A+) seguen normais, segundo a información facilitada este martes pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Doazón de sangue
Doazón de sangue | Fonte: Europa Press

Coa finalidade de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 26 de marzo, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Vila de Cruces, xunto á Casa do Concello, A Coruña, barrio dos Mallos diante do antigo ambulatorio na Ronda de Outeiro, Oza-Cesuras, diante da farmacia en Oza, Oroso, fronte ao centro médico en Sigüeiro e Brión xunto ao colexi.

Tamén o luns haberá unidades móbiles na localidade luguesa de Mondoñedo, entrada da Praza da Catedral, así como na ourensá da Gudiña, xunto ao Concello. Así mesmo, ADOS enviará unidades aos concellos pontevedreses de Redondela, diante do Consistorio, Pontevedra, zona Herrería e Vigo, rúa Urzaíz 223 no Calvario.

Temas: DOAZóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta