Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2018 | Actualizada ás 15:00
O seguemento dos traballadores e traballadoras no 43º día de folga, a Xunta e os sindicatos volven discrepar sobre os datos. Así, mentres que a Administración sinala que 929 persoas foron á folga, cun 33,8% de seguimento, os sindicatos elevan a cifra até o 77%.
A partir das 12,00 e até as 17,00 horas, os traballadores de xustiza votan, de forma secreta e en urna, se manteñen a esixencia dunha subida de 190 euros ao mes ou si autorizan ao comité de folga, no que están integrados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO., a negociar e baixar esta cifra.
As organizacións sindicais estiman que os traballadores xa perderon uns 3 millóns de euros con este paro. Os sindicatos tamén cifran nun 90% os xuízos suspendidos cada xornada. Este mércores, por exemplo, foron suspendidas pola folga na xustiza as declaracións no xulgado da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e do exrexedor, José Clemente López Orozco.
Ambos comparecían en calidade de investigados por suposta malversación, despois dunha querela presentada por un sindicato sobre un atraso nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A sentenza anulaba a comisión de servizo dunha funcionaria municipal para o posto de letrada de asesora do Concello de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.