Temas: TERREMOTO

Galicia rexistrou xa tres terremotos nun mes

O último foi en Becerreá, este luns. A fin de semana foi en Monterrei e hai uns días, fronte a costa galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/03/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou neste mes de marzo tres terremotos que, aínda que de pequena intensidade, amosan a gran actividade sísmica que está tendo lugar no noroeste peninsular logo de que tamén o pasado mes de decembro foran cinco os tremores detectados.

Terremoto rexistrado fronte ás costas galegas
Terremoto rexistrado fronte ás costas galegas

O último tivo lugar este luns en Berreá e tivo unha magnitude de 2,3. En concreto, o epicentro situouse nas inmediacións do núcleo de San Román (coordenadas 42.9 e -7.0), sinala o instituto.

Tamén outro tremor de magnitude 2,6 foi rexistrado este domingo no municipio ourensán de Monterrei, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional. En concreto, o epicentro situouse nas inmediacións do núcleo de Albarellos e a unha profundidade de 12 quilómetros.

O 12 de marzo o terremoto era dunha magnitude de 3,6 e foi rexistradofronte á costa galega, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

Sismógrafo, o trebello que mide os terremotos
Sismógrafo, o trebello que mide os terremotos | Fonte: : Yamaguchi先生 Wikipedia
Temas: TERREMOTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta