Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 14/02/2011 | Actualizada ás 21:04
A presidenta da Asociación Galega de Mariscadoras, Natalia Laíño, é moi crítica coa Xunta tras a eliminación da prestación de 557 euros que o Goberno galego concedía ás mariscadoras de a pe que non completaran o período mínimo de cotización.
"Rosa Quintana deixa a estas mulleres na indixencia", asegura Laíño que denuncia á Consellería do Mar por sacar un decreto sen discutir con ningún colectivo do sector. ""Hai casos moi duros. Hai quen vive co home ou fillo pero doutras que están soas e que se quedan na rúa, literalmente", apunta.
Vvivir "das árbores e das prantas"
"Eu non teño nada. Vivo soa e se non teño nada terei que vivir das árbores e das prantas", di outra mariscadora afectada.
Esta axuda, posta en marcha polo anterior goberno da Xunta en 2007, pretendía garantir a subsistencia das mariscadoras que, tendo cumprida a idade de xubilación --establecida nos 65 anos--, non tivera contribuído á seguridade social durante o período mínimo de 15 anos para ter dereito a unha pensión contributiva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.