Temas: FENE

O PP recupera a alcaldía de Fene co apoio de edís non adscritos acusados de "vendidos"

O popular Gumersindo Galego volve a ter o bastón de mando grazas ao apoio de Somos Fene. O PSdeG abstívose e votaron en contra BNG e EU.

Por Galicia Confidencial | Fene | 07/04/2018 | Actualizada ás 01:17

Comparte esta noticia

Juventino Trigo xa é ex alcalde de Fene. O xa ex rexedor nacionalista tivo que deixar o mando do concello por mor dunha moción de censura impulsada polo PP e Somos Fene que votaron a favor, fronte ao voto contrario de BNG e Esquerda Unida, que gobernaban conxuntamente. O PSdeG, abstívose.

Concelleiros deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene
Concelleiros deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene

Nun tenso pleno no que houbo berros contra o PP e insultos de “vendidos” aos edís de Somos Fene que se intensificaron durante a intervención do portavoz desta formación, Xoán Manuel Rodríguez Bastida.

O alcalde saínte, Juventino Trigo, lamentou que por "primeira vez" saia adiante unha moción de censura en Fene e que a faciliten "factores noxentos" como a "compra de vontades". O PSOE, que se abstivo, advertiu de que non lles "queda xenerosidade para volver apoiar ao BNG" nun futuro. O novo rexedor, Gumersindo Galego, reiterou que a minoría do seu Goberno tras expulsar ao PSOE deixou a Trigo como un rexedor "ilegal".

LONGO PROCESO

Foi o 26 de outubro de 2017 cando a mesa de idade do Concello de Fene decidiu non debater a moción de censura ao alegar que "a suspensión das condicións de edís non adscritos dos concelleiros de Somos Fene –expulsados do seu partido por apoiar esta moción-- baseábase nunha medida cautelar" e que aínda non fora revogada por sentenza firme e definitiva, como agora si ocorre.

Con todo, a xustiza obrigou á celebración deste pleno nunha sentencia que invalidou a decisión da mesa de idade. O novo goberno suma nove do dezasete edís que compoñen o pleno.

Temas: FENE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 xacobe

Non adscritos?????

1 Augadoce

Si. A matriz coa que se presentaron as eleccións municipais, Participación Democrática Directa, fai mais dun ano que comunicou a súa expulsión. O tema é que o xulgado permitirlles asinar igual a moción.... Viva a lei antitrasfuguismo