Pachi: "Feijóo e o narcotráfico andan aí-aí"

PP e PSOE acenden de novo o ventilador das corruptelas. Mentres o PP lanza unha ofensiva contra a suposta fraude fiscal do líder socialista, vídeo "anónimo" incluído, o PSOE contraataca recordando a vinculación dalgúns conservadores con narcotraficantes, unha acusación que ratificou o propio Laureano Oubiña.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/02/2011 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos contraataca contra a ofensiva do PPdeG sobre o suposto fraude fiscal nas obras da súa casa. Pachi Vázquez lembra os negocios conxuntos de dirixentes conservadores con testaferros de narcotraficantes.

"Feijóo e o narcotráfico andan aí-aí", espetou hoxe o secretario do PSdeG en rolda de prensa en Santiago. Vázquez lembra así que o anterior xefe territorial de Infraestructuras de Pontevedra, Evaristo Juncal, tiña varias empresas con persoas que foron condenadas por actuaren como testaferros de narcotraficantes.

Juncal foi apartado deste alto cargo, despois de que Feijóo solicitara un informe das súas actividades. Con todo, o PP sempre defendeu a honorabilidade de quen é o seu líder en Caldas de Reis.

None

Oubiña recoñece subornos

Pachi Vázquez non é o primeiro que tenta relacionar aos conservadores galegos cos cartos do tráfico de estupefacientes.

Un dos xefes históricos das familias galegas, Laureano Oubiña, declarou recentemente que "a finais dos anos setenta, cando pasamos á democracia que din que vivimos, axudei a financiar a Alianza Popular, do señor Fraga, e a UCD, do señor Suárez. E igual que eu o fixeron moitos empresarios máis que estabamos metidos no contrabando de tabaco. Por certo, desde aquí recórdolles a eses políticos que sigo sendo a mesma persoa de entón".

«Feijoo, Hernández, nomearon a persoas claramente relacionadas co narcotráfico deste país. Por certo: eles si teñen vivindas ilegais e non llas vai visitar ninguén" engadiu Pachi Vázquez. O líder socialista lembraba así que Juncal construíu unha casa sen licenza municipal, lugar que non visitaron os inspectores da Xunta, que si acudiron a súa vivenda en Ourense.

O PP alimenta a polémica do chalé de Pachi

As declaracións de Vázquez contrarrestas a ofensiva lanzada polo PP esta semana contra o suposto fraude do socialista na reforma da súa casa no Carballiño. Os conservadores aseguran que Vázquez fixo unha reforma completa do inmoble cando só pediu licenza para retellar.

"Polo xulgado pasará quen teña que pasar para volver recuperar os elementos de xustiza", dixo Vázquez, que insistiu en que a Xunta trata de "mentir, calumniar e difamar".

Cuestionado polas durísimas acusacións de Vázquez, Feijóo evitou referirse ao asunto do narcotráfico e preferiu centrarse na polémica da reforma da casa. "Cada un é responsábel do que di e ninguén está fóra da lei", lembroulle o presidente da Xunta en rolda de prensa. O mandatario apuntou que está por determinar se o procedemento da ampliación foi "legal", pero que está claro que non foi "ético".

Doble vara de medir

A prensa cuestionou daquela ao presidente de novo por Juncal, que sigue como líder do PP de Caldas malia non pagar o IBI da súa vivenda durante 24 anos, que sigue tendo licenza de galpón. O conservador disculpouno, alegando que se trata dunha casa herdada. A mesma escusa que usara o seu inmediato superior, o conselleiro Agustín Hernández.

En definitiva, o "ventilador" de supostos escándalos e corrupcións entre PSdeG e PPdeG está a piques de encenderse de novo.

Para mostra, este vídeo colgado no Youtube por un usuario que se oculta baixo o alcume "pachipillado" sobre o chalé de Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 y digo yo...

La Voz de Galicia publicó que desde Diciembre la Diputación de Orense ha contratado 1 o 2 militantes del PP/día para trabajar en la diputación. Y digo yo: Eso no hay que demostrarlo?, eso no es "enlodar" la política gallega?, no es decir eso sin denuncia mear fuera del tiesto?, va a actuar algún fiscal en Orense para comprobar si es o no verdad y hacer algo?. Actuaría el fiscal igual si el gobierno de la diputación fuese del BNG o del PSOE?.

9 claro como el agua clara

"Iso hai que demostralo" Telmo Sanmartin dixit sobre o caso construcuatro. Tras devolver perto de 600 millóns (das antigas pesetas) por roubar á xente con sobrecustos en VPO, está claro que o tema está máis que demostrado. No 2011 Telmo Sanmartin, corrupto e ladrón demostrado preséntase á alcaldía de Pontevedra. A pregunta é obvia. E para que hai que demostrar nada, se no PP a corrupción demostrada non é causa de expulsión do partido?

1 saborido

Nin no PSOE, seguro que coñeces os intereses do alcalde de Lugo, lembras os da familia de Paco Vázquez, sospeitas das esquecidas obrigas tributarias de Pachi..., e se queres repasamos as listas de Madrid. E do BNG, máis do mesmo, ou dimitiu e mesmo asumiu responsabilidades algún dos artífices de Carrumeiro? Que fácil é falar do PP, cando a merda está en todo este podre sistema de partidos, a esencia da corrupción mesma que escapa do control dos cidadáns.

2 claro como el agua clara

Telmo Sanmartin devolveu a pasta. En Ourense 2 concelleiros do BNg dimitiron por estar imputados. Pachi está en xuizo co concello de San Amaro e non houbo fallo xudicial, ten denunciado ó concello por prevaricación por sacar á luz pública datos persoais, en carrumeiro quen foi xulgado e cal foi o fallo xudicial?. Telmo é un ladrón, Paco Vazquez tamén...E negreira tamén dou licencias no porto de sada, e ten problemiñas con gurtel. Máis datos saborido,.. faltan datos aquí...eu concordo conque os imputados dimitan, e os culpables fóra do partido. Baltar repetiu 3 oposicións corruptas, ergo fóra do partido. SAbes porqué non é así?, pois porque Feijoo non sería presidente. O PP é máis igual que os demáis saborido. Sábelo ben.

3 saborido

Clariña, non te enredes... Estou contigo no do Baltar, nos Telmos habidos e por haber, e mesmo no do Paco Vázquez, que non foron declarados culpables pola xustiza (a túa vara de medir), polo mesmo que sabemos que o de Carrumeiro Media é unha indecencia practicada pola cúpula do BNG, que Quintana puxo o vento a favor dos que o pasean, que na deputación de Lugo hai familias hoxe -da UPG, para deixalo claro- que se colocan grazas ao poder, e se practica o noxento clientelismo (igual que facía Cacharro). A febleza do teu discurso pódela comprobar se viaxas polo estado: o teu argumento de que non son todos iguais é o que emprega o PP en Andalucia. Así que a min non me cola, grazas polo intento, pero a progresía do BNG non a vou mercar, xa perdín a inocencia hai un par de décadas.

4 claro como el agua clara

Perfecto pois. Só pensas votar a un partido con persoas boas e honestas. Como os medios de dereitas falan da corrupción dos de esquerdas e viceversa. Ergo non hai partidos honestos. Logo a votar en branco sempre, é o que tes que facer saborido, para durmir tranquilo. O problema é que os xornais de dereitas atopan brutais casos de corrupción na esquerda coma unha licencia de obra da casa dun do PSOE a medio pagar. E o PP fai sobrecostes en obras por 40000 millóns de pesetas na autovía da costa da morte. É coma comparar a Madoff co compañeiro de oficina que manga un boli, os dous son iguais.

8 Black Crow

Yo solo veo dos oisibilidades : A) En el caso de que sea verdad y no se hubiesen denunciado las ilegalidades de su palacio, el habría ocultado el asunto del narcotráfico. B) En el caso de que sea mentira, sería simplemente un desgraciado.

1 claro como el agua clara

Unha pregunta black crow. Imaxina a un político do BNG xulgado e acusado por unha oposición corrupta (enchufismo) e obrigado a repetila. Repítea. Ó ano seguinte volve a ser acusado polo mesmo noutra oposición. Volta a repetila. E por terceira vez posteriormente. Debe dimitir do seu cargo público?. Debe ser expulsado do BNG?

7 vaicheboa

http://sentencias.juridicas.com/doc... ...i no tengo mas que dicir!

6 o padriño

Señor Pachi, iso hai que demostralo. O do seu chalé na voz de Galicia non hai que demostralo, o do secuestro de anciáns por quintana non hai que demostralo, o do concurso eólico do BNG amañado non hai que demostralo,..... os de dereitas somos a hostia¡¡¡. A ver se ides aprendendo, que nin difamar sabedes.