Condenado a dous anos de prisión por ter billetes falsos cos que pagou unha pizza

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión, por un delito de tenencia de moeda falsa, a un home que tiña varios billetes de 50 euros cos que chegou a pagar unha pizza. O tribunal condénao tamén ao abono dunha multa de 300 euros por un delito leve de estafa, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A CORUÑA | 12/04/2018 | Actualizada ás 14:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión, por un delito de tenencia de moeda falsa, a un home que tiña varios billetes de 50 euros cos que chegou a pagar unha pizza. O tribunal condénao tamén ao abono dunha multa de 300 euros por un delito leve de estafa, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Audiencia considera probado, que sobre as 21,06 horas do 10 de marzo de 2016 o acusado, "con intención de obter beneficio económico", encargou unha pizza a un establecemento de Cambre (A Coruña) e pagou ao repartidor cun billete de 50 euros falso.

O empregado entregoulle o cambio, un total de 38,50 euros, e non se deu conta de que o billete era falso até regresar ao negocio. Pouco despois, deuse aviso á Garda Civil ante a negativa do agora condenado a entregar o diñeiro ao repartidor cando volveu ao domicilio.

Cando os axentes chegaron, o procesado tirou ao chan outros tres billetes falsos de 50 euros. Para o tribunal que o xulgou, o home tiña "pleno coñecemento" de que os billetes non eran "verdadeiros" e actuou co "propósito de facilitalos a terceiros".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta