Lugo "entrégase" ao Breogán e celebra o seu regreso á liga ACB

Milleiros de persoas celebran un fito histórico. "É moito máis que un equipo de baloncesto", di Lara Méndez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2018 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo recibiu este sábado ao Cafés Candelas Breogán, "moito máis que un equipo de baloncesto", ao que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Corporación municipal, en nome do pobo de Lugo, lle expresou a "tremenda satisfacción e orgullo" polo seu regreso á liga ACB.

Lugo celebra o regreso do Breogán á liga ACB
Lugo celebra o regreso do Breogán á liga ACB | Fonte: Europa Press

Lara Méndez presidiu o acto, no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández; e representantes de todos os partidos políticos da Corporación municipal, así como o deputado de Deportes, Pablo Rivera; o presidente do club, Suso Lázare, xogadores e equipo técnico.

A rexedora enxalzou o "espírito loitador" do Breogán e agradeceulles que sexan "modelo de inspiración" para os nenos do municipio. Así mesmo, tamén tivo palabras para a afección, "por momentos emocionada e moi ilusionada", que se concentrou na Praza Maior "para recibir cos brazos abertos ao club e agradecerlles o ansiado ascenso".

Un a un, interviñeron todos os xogadores para agradecer o apoio que lle brinda "partido tras partido" a 'marea celeste', os veciños de Lugo, que entoaron, "entregados" ao Breogán, o himno do club 'Seguimós en pé'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Camisetas de fútbol baratas

Un a un, interviñeron todos os xogadores para agradecer o apoio que lle brinda "partido tras partido" a 'marea celeste',Camisetas Sport Club os veciños de Lugo, que entoaron, "entregados" ao Breogán, o himno do club 'Seguimós en pé'. https://bit.ly/2rEquv1

1 piter

Un a un, interviñeron todos os xogadores para agradecer o apoio que lle brinda "partido tras partido" a 'marea celeste',Camisetas Sport Club os veciños de Lugo, que entoaron, "entregados" ao Breogán, o himno do club 'Seguimós en pé'.