Gonzalo Caballero: "Nós somos a esquerda"

O líder do PSdeG cre que o seu partido será "o motor" do cambio para dar "alternativa" ao PP. Avanza que o PSdeG definirá despois do verán os candidatos para as municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, está convencido que o seu partido é o motor da esquerda en Galicia. Por iso, remarcou que a formación que lidera é "o principal partido da esquerda en representación" de Galicia, xa que goberna "deputacións e concellos". "Nós somos a esquerda", suliñou.

Gonzalo Caballero en rolda de prensa en Vigo
Gonzalo Caballero en rolda de prensa en Vigo | Fonte: Europa Press

Así as cousas, cre que, cando aínda falta medio ano para atravesar o ecuador da lexislatura, o PSdeG ten "moito tempo" para "activar" os seus cadros e bases e, deste xeito, chegar á cita coas urnas en 2020 "en condicións de darlle unha alternativa ao PP".

Con todo,  avanzou que os candidatos socialistas para as eleccións municipais do próximo ano estarán definidos despois do verán e que, até ese momento, no partido estarán "a traballar como motos" nunha cita electoral na que confía en dar o primeiro paso para que o Partido Socialista sexa "o motor do cambio" e a "alternativa" ao PP nas autonómicas de 2020.

Nunha entrevista na Cadena Ser, Caballero invocou o "compoñente municipal" e o "compromiso" co tecido local que ten o partido que dirixe desde o pasado outono; cinco meses que lle serviron ao PSOE galego para "recuperar músculo político" e expor un "proxecto de medio e longo prazo fronte ao goberno da dereita" que, di, entra nun período de "horas baixas".

ASALTAR A XUNTA

Deste xeito, cre que a cita das eleccións locais prevista para a primavera do próximo ano pode servir para comezar o camiño para asaltar a Xunta nas próximas autonómicas. Unhas municipais nas que repetirán todos os actuais alcaldes como cabezas de lista e nas que o Partido Socialista tratará de "pór os mellores nomes posibles".

"Temos que entender que construír unha maioría social de progreso vai ser un proxecto impulsado desde distintos escenarios e ámbitos que teñen que sumar nunha dirección", apuntou. Por iso, chamou a "reconstruír e fortalecer un socialismo galego que conecte cunha maioría social". Nesta liña, Gonzalo Caballero opina que o seu partido pode facerse con "votantes do PP" que son conscientes de que Galicia "vai mal e irá a peor". "Temos que facer as cousas suficientemente ben para convencelos", dixo.

Para o economista vigués, o "cambio" en Galicia pasa por que o PSdeG sexa o "motor" capaz de lograr que "haxa unha maioría social de progreso e cambio que retire o control político da dereita".

PP E CIUDADANOS

Cuestionado polas enquisas que sinalan un auxe de Ciudadanos e unha tendencia á baixa do PP, Caballero coincide co segundo punto pero difire do primeiro. Así, ve "datos empíricos" que pon en evidencia "un atraso electoral sen precedentes" para os populares, que, ao seu xuízo, entraron "nunha fase de deterioración" da que lles custará saír "a curto prazo".

Por contra, opina que Ciudadanos, partido ao que certos "sectores conservadores da sociedade" ven como "bastón" do PP, vive nunha "burbulla" inflada polas enquisas. "Igual que moitas enquisas fallaron en 2016, creo que a burbulla laranxa non responde a unha realidade, que o PSOE está nunha fase de recuperación electoral e que está en condicións de ser primeira forza política en España nas eleccións municipais, autonómicas e europeas", ha teorizado.

FORMOSO, ABEL CABALLERO E MANUEL MARTÍNEZ

En apenas medio ano á fronte do PSdeG após imporse nas primarias ao deputado no Parlamento Juan Díaz Villoslada, Gonzalo Caballero cre que o partido está "a recuperar músculo político" e defende a "relación fluída" co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, 'baróns' socialistas que non apoiaron a súa candidatura.

A actualidade do PSdeG pasou esta semana pola Deputación de Lugo coa expulsión do partido do exvicepresidente provincial e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, por violar a disciplina de voto sobre a xestión das novas residencias construídas pola Administración provincial en Lugo.

Cuestionado por este asunto, Gonzalo Caballero incidiu en que Martínez "tomou o seu propio camiño á marxe da organización" no momento en que apostou por votar co PP e facer caso omiso ás "instrucións" da formación que representaba. Para o líder socialista, Martínez cometeu unha "falta moi grave" que implica "a expulsión" da organización, algo que debería saber "alguén que leva tantos anos no partido".

Así as cousas, cre que a actitude de Manuel Martínez corresponde á "disfuncionalidad histórica" herdada na provincia de Lugo que provén, á súa entender, dos tempos do mandatario popular Francisco Cacharro Pardo "e a dereita máis conservadora"; algo que o PSOE "ten que corrixir", un camiño que, para Caballero, xa comezou a facer da man de Darío Campos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Soufflon de gaites

Á esquerda de "Pinochete" quixeches dicir, eh pillabán...!!!

2 Argonauta

Outro baixo os efectos dalgún "Estupidifaciente"....si, vós sodes a Esquerda e o tandem Pa Cú Vazquez-Abel Caballero dous heterónimos de Carlinhos Marx e Federico Engels.......as chorradas que hai que ler.......

1 Abel Caballero (el tío)

Si a esquerda do 155 ou do 135 jajaja Ou do no es no jajaja Cando alguén ten que estar continuamente dicindo o que é pois mala cousa. Sabes aquelo de Dime de que presumes... é o resto xa o sabemos tod@s