Feridas tres persoas ao atropelar unha moto a dous peóns en Nigrán (Pontevedra)

Tres persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado na mañá deste luns ao atropelar unha moto a dous peóns no termo municipal de Nigrán (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 16/04/2018 | Actualizada ás 13:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado na mañá deste luns ao atropelar unha moto a dous peóns no termo municipal de Nigrán (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 10,30 horas na rúa Porto do Molle, en Parada, no termo municipal de Nigrán.

Como consecuencia do atropelo resultaron feridos o motorista e dous peóns que neses momentos camiñaban pola rúa Porto do Molle, segundo relatou o particular que chamou ao 112 Galicia para alertar dos feitos.

Con estes datos, por parte do servizo de emerxencias pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Val Miñor, Policía Local e a Protección Civil de Nigrán.

En concreto, indicaron a Europa Press fontes sanitarias, unha das persoas feridas foi levada nunha ambulancia asistencial ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC); unha segunda foi evacuada en ambulancia asistencia cun médico de Atención Primaria a Povisa e a unha terceira, un home de 37 anos, trasladárona en medicalizada a Povisa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta