A polémica entre Abel Caballero e o presidente do Celta chega ao campo de fútbol de Balaídos

"Ao palco de Balaídos vaise a apoiar ao Celta, e dentro de dez anos, seguirei indo como alcalde", di Caballero logo do encontronazo que tivo co Mouriño que se negou a sentarse con el e con Carmela Silva no palco do estadio munidicpal. A oposición cualifica de "espectáculo lamentable" a escena de tensión entre concelleiros e o presidente do club.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/04/2018 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou este mércores que "ao palco de Balaídos vaise a apoiar ao Celta", e asegurou que seguirá indo en próximos partidos e, mesmo "dentro de dez anos", cando aínda sexa alcalde, seguirá "ocupando o palco" do estadio municipal e animando ao equipo.

Mouriño, presidente do Celta, discute con Carmela Silva e Abel Caballero en Balaídos
Mouriño, presidente do Celta, discute con Carmela Silva e Abel Caballero en Balaídos | Fonte: vigoe

Así respondeu o rexedor olívico ás preguntas dos medios sobre os momentos de tensión vividos na tribuna de Balaídos antes do encontro Celta-Barcelona, cando o presidente do club celeste escenificou o seu desencontro co goberno local negándose a compartir asento con Caballero e mesmo advertindo a Carmela Silva de que non ocupase as prazas que lle corresponden a el como presidente.

"Eu a Balaídos vou ver ao Celta, a ver fútbol, é o que fago no palco desde que son alcalde", afirmou Abel Caballero, quen lembrou que ocupou ese asento mesmo cando o equipo vigués estaba en segunda división "e non había moita xente" nesa parte da bancada. "E seguirei indo ao palco, estarei no próximo e en tódolos partidos. Dentro de 10 anos seguirei sendo alcalde, ocupando o palco e apoiando ao Celta", aseverou, e insistiu: "Ao palco vaise a apoiar ao Celta, e os que crean que van a outra cousa equivócanse".

ACTITUDE "PREPOTENTE" E "SOBERBIA"

Pola súa banda, o grupo municipal do PP lamentou que o rexedor perdeu a "oportunidade" de "reconducir" as malas relacións co presidente do clube. "Como sempre, recorre á confrontación. Foi ao partido a azuzar o conflito, a botar gasolina ao lume, en actitude de provocación, con soberbia e prepotencia, no canto de buscar o diálogo e o entendemento", denunciou o concelleiro Miguel Fidalgo.

Segundo lembrou, o enfrontamento entre goberno municipal e Carlos Mouriño ten a súa orixe nas "promesas incumpridas" do alcalde, e nunha reforma do estadio municipal que "non atende ás necesidades nin dos cidadáns nin do Celta". "Así non se vai a ningún lado", sentenciou o edil 'popular'.

"ESPECTÁCULO LAMENTABLE"

Mentres, o grupo municipal Marea de Vigo cualificou de "espectáculo tremendamente lamentable" a escena de tensión protagonizada por alcalde e presidente celeste. "O de onte foi un esperpento, forma parte desta actitude de patio de colexio, e de falta de responsabilidade das dúas partes", sinalou Rubén Pérez Correa.

O portavoz de Marea expresou as súas sospeitas de que, tralo o enfrontamento entre Caballero e Mouriño, subxace a posibilidade de que "o Celta non queira pagar o canon de 890.000 euros anuais" que formaría parte da concesión do estadio.

A ese respecto, Pérez Correa lembrou que "había certo acordo" e que éste se escenificou nun acto en Vigo, con presenza de Caballero, Mouriño, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o propio Feijóo. Así, estaban canalizados tanto a construción da cidade deportiva no municipio veciño, como a concesión do estadio.

O portavoz de Marea advertiu de que "se Concello e Celta non se poñen dacordo, os únicos agraviados serán os cidadáns de Vigo e da provincia" que, cos seus impostos, estiveron financiando a reforma do estadio. Así, lembrou que o canon anual que o Concello lle cobraría ao clube, sería "a única forma de que se garanta o retorno do investimento ás arcas públicas (neste caso, municipais)".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Camisetas de fútbol baratas

Ridículo: https://bit.ly/2HKMxaR

1 Gamela

Espectáculo Lamentable https://youtu.be/iAZqjBaFou4