“As escolas de arte son fundamentais para a formación de futuros ilustradores”

Miguel Fernández é un ilustrador lucense, premio ao mellor cómic de xénero negro na sexta edición do Festival Internacional de Cinema Negre de Manresa (Fecinema), destaca a valía do pasado, do presente e do futuro da banda deseñada en Galicia. Nesta entrevista tamén lamenta que non se teña afondado máis no xénero histórico porque, di, en Galicia sobran historias e escenarios.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/04/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Miguel Fernández é ilustrador. Nado en Baralla estudou deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, de Lugo. Formado tamén en cinema e audiovisuais colaborou na realización da curtametraxe de animación.

Escena do segundo capítulo da Espada de San Eufrasio, do ilustrador Miguel Fernández, hai bestas perigosas… de duas e de catro patas.
Escena do segundo capítulo da Espada de San Eufrasio, do ilustrador Miguel Fernández, hai bestas perigosas… de duas e de catro patas.

Obtivo varios premios e ten xa publicadas varias obras de banda deseñada; O fillo da Furia, Os días do cometa ou A las cinco de la tarde. Este sábado, de 11.00 a 13.00 horas, Miguel Fernández impartirá un obradoiro para adultos no MILH de Lugo para aprender a debuxar xentes de Roma e dos castros. Tamén este venres, ás 20.30 horas e no MILH terá lugar unha charla sobre “Roma na banda deseñada” do fundador da primeira librería galega especializada neste xénero, Xosé Barreiro, “Pío”.

Que dirías que caracteriza aos castrexos e aos romanos en banda deseñada?

Todo o relaccionado co mundo dos romanos sempre leva implícito certa épica e solemnidade e así sale retratado na maioría dos títulos publicados en banda deseñada. No mundo dos castrexos realmente non temos moitos referentes e quizais a xente tende a asocialo con certa nostalxia de pobos irreductibles coma a aldea céltica gala retratada en “ Asterix”.

Poderíase establecer a idea de que os romanos representan a civilización, a orde establecida, a disciplina, a modernidade, o control, a pérdida de identidade en favor de un ben maior(Roma) fronte a idea romántica de independencia e indivualidade dos castrexos.

Ti estudaches na escola Ramón Falcón de Lugo. Son importantes as escolas de arte en Galicia para o futuro dos ilustradores?

As escolas de arte son fundamentais para a formación de futuros ilustradores. Se non existiran habería que inventalas. Responden a unha demanda moi concreta. Non toda a xente que está en belas Artes termina sendo ilustrador/a. Moitos ilustradores, eu incluído quedaríamos fora.

Toda a entrevista no medio colaborador Historia de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta