Villares responsabiliza a Rueda e Feijóo de alongar "innecesariamente" a folga na Xustiza

O portavoz de En Marea lembrou que "está na man" do goberno galego pór fin a un conflito que está a causar "sufrimento innecesario".

Por E.P. | VIGO | 20/04/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

En declaracións aos medios, despois de participar nunha reunión coa executiva comarcal da CIG en Vigo, Villares recalcou que a actitude da Xunta é "incomprensible", e lembrou que os sindicatos realizaron unha contraoferta "razoable".

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: EP

"Non é admisible continuar un conflito que causa tanto sufrimento por unha diferenza de 12 euros en tres anos", afirmou, e incidiu en que "a Xunta ten un mandato parlamentario" para solucionar a folga.

Segundo insistiu, hai máis de 20.000 actuacións xudiciais suspendidas e a Xunta ten "recursos e lexitimidade parlamentaria" para resolver o conflito. Ao seu xuízo, tanto Rueda como o propio Feijóo son "responsables" de "prolongar innecesariamente" a situación, e advertiu de que cada día que dura a folga é "unha irresponsabilidade que non é aceptable pola cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fora a xustiza expañola

a xustiza non e de fiar, en Alemania non se fian dos xuices expañolentos, e ainda non coñecen o "carallo" iste do xuiz villano o xefe da marea (da marea de que??? digo eu) a xustiza expañolenta e un-ha arma que utilizan as dereitas para desfacer os partidos de esquerda e o nacionalismo a xustiza e utilizada polos ricos e poderosos contra os pobres, e utilizada polos grandes poderes contra os humilides xa sexan monifaiteiros ou twiteiros, a xustiza expañolenta e dereitas, a xustiza basease nunha constitución otorgada polos erdeiros da oprobiosa e do franquismo, meteron a bandeira, meteron a monoarquia, meteron a eirexa (a recibir subvencions), meteron o roubo, meteron a ineficacia nun país de crime impune onde os delincuentes traballan dentro da lei mesma, e agora os mareados din reforma, non vos fiedes queren a vosa ruina, queren meter a gobernar as vosas casas co comunismo expañol, din ser de esquerdas porque sempre e fácil ser de progresía cos cartos dos demais