Fran Alonso dirixirá a nova etapa de Xerais

O que foi até o de agora o número 2 da editorial toma as rendas tras a marcha de Manuel Bragado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/04/2018 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O Grupo Anaya decidiu nomear con data de hoxe a Fran Alonso director Editorial de Edicións Xerais de Galicia. Será o encargado de dirixir a nova etapa que inicia a editorial, tras case cinco lustros baixo o mando de Manuel Bragado, que a pasada semana anunciou a súa renuncia a seguir na dirección.

Fran Alonso
Fran Alonso | Fonte: manuelgago.org

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria profesional no ámbito do xornalismo e pertence ao cadro de persoal de Xerais desde 1992, onde desempeñou diferentes funcións no ámbito editorial. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, e Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003) pola UCLM. 

Desde 2001 viña exercendo como subdirector para a Edición Xeral en Xerais, ocupándose principalmente da edición literaria.

Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores e na actualidade pertence a súa xunta directiva. Tamén foi un dos membro fundadores da asociación Espazo Lectura en 2008.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta