O narco arrepentido Fernández Padín tamén demandará o autor de 'Fariña'

As partes non chegaron a un acordo no acto de conciliación celebrado no Xulgado de Primeira Instancia número 44 de Madrid.

Por E.P. | | 20/04/2018 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

O narco arrepentido Manuel Fernández Padín demandará ao autor do libro 'Fariña', Nacho Carretero, despois de que o intento de chegar a un acordo para evitar as accións legais fracasase no acto de conciliación celebrado no Xulgado de Primeira Instancia número 44 de Madrid.

Manuel Fernández Padín, nunha entrevista en La Sexta.
Manuel Fernández Padín, nunha entrevista en La Sexta.

Á batalla xudicial que están a emprender varios dos personaxes que aparecen no polémico libro —sobre o que Antena 3 emite unha adaptación televisiva desde hai dous meses— sumouse Padín, que foi testemuña protexida no xuízo pola 'Operación Nécora'.

O operativo policial, impulsado polas declaracións de Ricardo Portabales e de Manuel Fernández Padín, contra o narcotráfico da década dos anos 90 permitiu condenar a penas de cárcere a gran parte do clan da droga galego, incluídos personaxes como Laureano Oubiña ou Manuel Charlín.

No seu acordo previo á interposición da demanda anunciada, o narco arrepentido solicitaba ao autor do libro e á editorial un total de 150.000 euros como indemnización. Ao fracasar o acordo, seguirase adiante coa demanda anunciada.

A principios de marzo, o xuíz de Instrución número 7 de Collado Villalba ordenou a execución do secuestro de Fariña sobre o narcotráfico en Galicia, como medida cautelar pola demanda presentada polo exalcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar.

OUBIÑA E 'BAMBÚ'

O acto de conciliación celebrado entre Laureno Oubiña e a produtora da serie 'Fariña', Bambú Producciones, o pasado xoves tampouco chegou a bo termo.

Finalmente, a demanda seguirá adiante contra Bambú produtora e Atresmedia con motivo da rectificación que esixe Oubiña con motivo dunha escena de sexo da serie entre el mesmo e a súa segunda muller, Esther Lago, falecida en 2001 nun accidente de tráfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta