Temas: LIBERA CAZA

Libera pide á Xunta que tome exemplo do Cantón suízo de Xenebra e prohiba a caza por lei

Critica que o Goberno galego propoña esta práctica como método para o control poboacional de certas especies como o xabaril

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2018 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera instou á Xunta a seguir o exemplo do Cantón suízo de Xenebra, onde desde a década de 1970 está prohibida a caza e "o 45 por cento do seu territorio está sometido ao aproveitamento agrícola".

Tiro ao pichón
Tiro ao pichón | Fonte: Europa Press

Libera e a Fundación Franz Weber, entidade fundada en Suíza un ano despois de que Xenebra aprobase a normativa de veto á caza, volven criticar que o Goberno galego propoña esta práctica como método para o control poboacional de certas especies como o xabaril.

Así, lembran que Xenebra aprobou o veto á caza logo dunha iniciativa cidadá que impulsou un referendo sobre esta práctica. Finalmente, as batidas foron prohibidas, norma que aínda permanece en vixencia após máis de 40 anos.

Deste xeito, Libera e FFW instan á Xunta a seguir os pasos do cantón helvético, onde se destinan "unha cantidade media de 200.000 euros para indemnizacións relacionadas con perda de cultivos ou gando".

Ademais, apuntan que a prohibición non supuxo máis "ataques" nin "desfeitas" nas plantacións por parte de raposos ou xabaríns, e mesmo fomentou unha maior e máis variada biodiversidade.

Nesta liña, alertan que, no caso de que o Goberno galego siga adiante coa súa intención de autorizar maior número de batidas, a contaminación que deixan no medio natural os perdigóns de chumbo "non deixaría de aumentar", como tamén o faría "o abandono de cans", unha realidade, segundo Libera, "que todas as protectoras de Galicia constatan con porcentaxes alarmantes".

Temas: LIBERA CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Comparar primeiro

Nun mapa da distribución do lobo en Europa vese que a presenza de lobos en Xenebra é escasa ( http://www.accac.eu/L_environnement.... Tamén a densidade de poboación humana do cantón de Xenebra e a Galiza oriental son moi diferentes. E a nivel de recursos económicos a diferenza é moito maior. Con situacións de partida tan distintas promover que aqui se faga como en Xenebra non ten moito sentido. E non só os de Libera caen nese erro!

1 Ai si claro

Habería que ver cantos abandonos de cans son de cazadores e cantos de cidadanitos de Libera que comprar el perrito e logo cando hai que baixalo a cagar e mexar todos os días o deixan polas aldeas da redonda. Estes de Libera son os típicos totalitarios analfabetos que pensan que o rural é un parque temático cheo de indíxenas.

1 PAS PAN

Por primeira vez creo que vou estar de acordo cos cazadores. Desde logo seguro que abandoan moitos máis cans os de Libera. Igual que o outro día defendendo as razas potencialmente perigosas. Vaia banda de estúpidos.